O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 por unha atención sanitaria presencial
O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 de outubro, ás 11:30, diante do centro de saúde de Marín.
O BNG propón que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.
O BNG considera que se deben tomar medidas excepcionais para unha situación excepcional, por iso propoñemos que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.
O BNG pide a creación dunha comisión de investigación sobre as residencias de maiores
O BNG rexistra no Parlamento galego a creación dunha comisión de investigación sobre a xestión das residencias de maiores durante a pandemia
O BNG demanda solución aos vertedoiros incontrolados no rural.
O BNG rexeita no Pleno o protocolo Covid para o ensino
O BNG amosou a súa posición contraria ao protocolo Covid da Consellaría de Educación para o inicio de curso por non estar consensuado coa comunidade educativa, e por non dar garantías sanitarias.
A moción “consensuada” do PP só pretendía branquear á política de custe cero da Xunta para o inicio do curso, que non pasa por ampliar profesorado e diminuír o número de alumnos/as por aula.
O BNG reúnese coa veciñanza de Macenlle
O BNG celebrou o Día da Patria en Marín
BNG critica o documento da Comisión de Reconstrución porque non supón unha saída xusta da crise
O deputado Néstor Rego votou non ao ditame da Comisión de Reconstrución Social e Económica porque non incorpora políticas transformadoras que eviten que a crise a paguen de novo os traballadores e traballadoras, nin tampouco asegura unha xestión pública e de calidade da sanidade e dos servizos sociais.
Rego exemplificou coa situación de Alcoa como un dos casos de empresas estratéxicas que deben ser intervidas pola Administración pública para nacionalizalas e asegurar a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo.
O BNG lamenta que tanto PSOE como Unidas Podemos rexeitasen propostas como a xestión directa da sanidade pública, un imposto ás grandes fortunas, reducir o gasto militar ou a recuperación do rescate bancario.
Rego defendeu a necesidade de soberanía para Galiza, para que o noso país teña capacidade para determinar as súas políticas económicas e poida promover un desenvolvemento autocentrado, sobre a base das inmensas potencialidades que posúe.