Abanca
Sen categorizar
Abanca

O BNG denuncia o recorte de servizos en Abanca

Segundo manifesta Luís Bará “a concentración de hoxe forma parte dunha ofensiva social e institucional lanzada dende o BNG fronte ao peche das oficinas bancarias e para denunciar os abusos e espolio bancario.”

Lucía Santos informa que “a concentración vén motivada polo desmantelamento dos servizos que a entidade financieira de Abanca está aplicando na localidade, como o peche da oficina en Seixo, que xa foi efectiva no pasado mes de xullo, e os importantes recortes nos servizos de atención ao público.”

Ler novas
Sen categorizar
Abanca Seixo

O BNG solicita pechar as contas municipais con Abanca e insta ao PP a iniciar xestións para abrir unha sucursal en Seixo

Lucía Santos afirma que “a estas alturas todos e todas sabemos cales son as preocupacións do PP, e non son outras que gobernar para favorecer os intereses dos consellos de administración dos bancos.

Non hai máis que lembrar o acontecido en Galiza nos últimos anos, cando o PP entregou as caixas galegas ao sector privado, como se rescatou Novagalicia Banco con diñeiro público para regalalo ao sector privado, e agora vemos como o PP premia o peche de entidades bancarias, o aumento de comisións abusivas e a redución de servizos de Abanca con subvencións para instalar caixeiros automáticos alí onde fechan oficinas. Unha absoluta tomadura de pelo á cidadanía galega”.

Ler novas
Sen categorizar
Abanca Seixo

O BNG oponse ao peche da sucursal de Abanca e do Centro de Saúde en Seixo

Lucía Santos trasladou unha proposta para que o Concello de Marín deixe de traballar con esta entidade no caso de seguir adiante coa decisión anunciada pola entidade financieira.

Lucía Santos resume que “estamos asistindo a un constante abuso por parte do sector bancario, co aumento das comisións e e redución dos servizos ofrecidos, só para engordar os enormes beneficios dos consellos de administración dos bancos.”

Ler novas