O BNG denuncia o recorte de servizos en Abanca

Abanca

Segundo manifesta Luís Bará “a concentración de hoxe forma parte dunha ofensiva social e institucional lanzada dende o BNG fronte ao peche das oficinas bancarias e para denunciar os abusos e espolio bancario.”

Lucía Santos informa que “a concentración vén motivada polo desmantelamento dos servizos que a entidade financieira de Abanca está aplicando na localidade, como o peche da oficina en Seixo, que xa foi efectiva no pasado mes de xullo, e os importantes recortes nos servizos de atención ao público.”

O BNG denuncia o recorte de servizos en Abanca

Esta mañá o parlamentario do BNG Luís Bará participou nunha concentración simbólica diante da oficina de Abanca na rúa Jaime Janer de Marín, xunto coa Portavoz Municipal do BNG de Marín Lucía Santos e un grupo de militantes da localidade.

Lucía Santos informa que “a concentración vén motivada polo desmantelamento dos servizos que a entidade financieira de Abanca está aplicando na localidade, como o peche da oficina en Seixo, que xa foi efectiva no pasado mes de xullo, e os importantes recortes nos servizos de atención ao público.”

Como xa vén denunciando o BNG dende o inicio da pandemia, esta redución de servizos en atención cidadá está afectando negativamente á veciñanza, provocando longas colas de espera á intemperie e colapsando o paso na rúa, como podemos observar día sí e día tamén, o que resulta contraditorio coa situación sanitaria que seguimos padecendo.

Segundo manifesta Luís Bará “a concentración de hoxe forma parte dunha ofensiva social e institucional lanzada dende o BNG fronte ao peche das oficinas bancarias e para denunciar os abusos e espolio bancario.”

O deputado do BNG dí que “o peche das oficinas de Abanca é tan só a punta do iceberg, pero que significa a perda dun importante servizo financieiro para as zonas de rural como é o caso de Seixo.”

Esta actuación desmonta claramente a mensaxe do PP a favor do rural porque o que están facendo con isto é desmantelando e liquidando o rural e parroquias que contan con actividade económica.

Luís Bará comenta que “o BNG busca tamén poñer o foco nos abusos e na atención bancaria, que co peche de oficinas está aplicando unha exclusión xeográfica deixando a zonas de rural sen servizo bancario.”

O parlamentario do BNG continúa afirmando “Abanca tamén está penalizando ás persoas con menos recursos económicos, aplicando comisións abusivas e horarios restrinxidos, ademais de levar a cabo unha exclusión xeracional por idade, xa que están incrementando de maneira desmesurada os servizos telemáticos, obrigando á utilización da banca electrónica o que o fai inaccesíbel ás persoas maiores.”

Bará denuncia que “o máis escandaloso da situación é que isto se produce precisamente cando a banca está gañando diñeiro a esgalla: 1.600 millóns o Santander, 1.200 millóns o BBVA, ou a propia Abanca cuns beneficios de máis de 150 millóns, e que ademais veñen de anunciar que este ano están gañando máis. Isto acontece despois de que Abanca fora beneficiada con máis de 60 mil millóns de fondos públicos, cartos que pagamos entre todos con sacrificos sociais e que a entidade financieira non tivo que devolver.”

“Resulta escandaloso e perverso que dende o goberno da Xunta non só non fan fronte a esta situación, senón que son cómplices do desmantelamento, convocando axudas de 2,8 millóns de euros destinadas a premiar o peche de oficinas, subvencionando caixeiros automáticos con cartos públicos en locais cedidos polos concellos.”

É por isto que Luís Bará anuncia que na vindeira semana o BNG trasladará esta problemática a debate no Parlamento Galego para que o PP faga fronte a esta situación, xa que o goberno da Xunta ten instrumentos e capacidade política para intervir neste tema.

O BNG denuncia o recorte de servizos en Abanca