O BNG oponse ao peche da sucursal de Abanca e do Centro de Saúde en Seixo
Lucía Santos trasladou unha proposta para que o Concello de Marín deixe de traballar con esta entidade no caso de seguir adiante coa decisión anunciada pola entidade financieira.
Lucía Santos resume que “estamos asistindo a un constante abuso por parte do sector bancario, co aumento das comisións e e redución dos servizos ofrecidos, só para engordar os enormes beneficios dos consellos de administración dos bancos.”
Na Xunta de Portavoces celebrada o pasado venres 25 de xuño para tratar o anuncio do peche da oficina de Abanca en Seixo, a Portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, trasladou unha proposta para que o Concello de Marín deixe de traballar con esta entidade no caso de seguir adiante coa decisión anunciada pola entidade financieira.
Lucía Santos afirma que “o peche da sucursal de Seixo resultará perxudicial tanto para a veciñanza que realiza as xestións bancarias como para o comercio local, ao carecer de servizo bancario no núcleo de Seixo.”
No pasado de mes de marzo de 2020, no medio do Estado de Alarma, Abanca incrementou de forma substancial as súas comisións e cambiou as condicións contractuais da súa clientela. E nestes meses de pandemia vimos tamén como as entidades bancarias pecharon oficinas, definitiva ou temporalmente, no lugar de ampliaren horarios e persoal por mor da crise sanitaria, e deixando núcleos de poboación sen servizo bancario.
O BNG considera que “a pandemia está a ser tamén unha coartada para obrigar á clientela, con independencia das súas condicións ou habilidades persoais, a empregar a banca virtual, abusando especialmente das persoas maiores, convertidas en vulnerábeis financeiramente ao obrigalos practicamente a que terceiras persoas xestionen as súas contas.”
Ademais, a Portavoz do BNG afirma que “a centralización de servizos financieiros está xerando máis destrución de emprego e un empeoramento global da atención e das condicións”.
Lucía Santos resume que “estamos asistindo a un constante abuso por parte do sector bancario, co aumento das comisións e e redución dos servizos ofrecidos, só para engordar os enormes beneficios dos consellos de administración dos bancos.”
A organización nacionalista considera que “este anuncio do peche da oficina de Seixo fai necesaria unha resposta por parte do goberno municipal”, quen aceptou a proposta de estudar a posibilidade de anular xestións coa entidade de Abanca como consecuencia do desmantelamento do servizo da sucursal de Seixo.
Ademais, a Portavoz do BNG propuxo engadir un punto ao acordo da Corporación municipal no que constara o rexeitamento á posibilidade do peche do Centro de Saúde de Seixo.