Solicitude de actuacións sobre a seguridade e sinalización viaria na PO-551 ao seu paso pola parroqu

Solicitude de actuacións sobre a seguridade e sinalización viaria na PO-551 ao seu paso pola parroqu

XUNTA DE GALICIA

Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Servizo Provincial de Estradas

Avda. Fernández Ladreda, 43-1º

36003 Pontevedra

 

 

Grupo Municipal do BNG de Marín

Concello de Marín

Avda de Ourense s/n

36900 Marín

Teléfono contacto 664 398 329

 

Dona Pilar Blanco López, con DI. 52.490.790Y, en calidade de portavoz municipal do BNG de Marín expón,

Asunto: Solicitude de actuacións sobre a seguridade e sinalización viaria na PO-551 ao seu paso pola parroquia de Mogor.

1.-Con data 1 de marzo de 2013, tivo entrada no rexistro municipal do Concello de Marín, escrito dese departamento dando contestación ao acordo plenario da sesión do 8 de febreiro de 2103, polo cal se solicitaban “…obras de  consolidación dos terrapléns situados no punto quilométrico 1+590, e a altura da finca de Alcántara, da estrada PO-551 ao seu paso pola parroquia de Mogor”.

Segundo o citado documento ese departamento comprometíase a “no prazo mais breve posible, procederase á estabilización do noiro de desmonte, previa limpeza mediante execución de drenes californianos, bulonado, malla de triple torsión  y gunitado para protección de talud”.

Desexamos comunicarlles que a pesar de que o terraplén da finca de Alcántara si foi acondicionado, a actuación no PQ 1+ 590 segue pendente. Os desprendementos neste punto son continuos e caen directamente sobre a escasa beirarrúa e sobre a propia estrada co conseguinte perigo.

2.-Actualmente o semáforo instalado na Avenida Aviador Calviño (PO-551) só detén o tráfico cando algunha persoa pulsa para cruzar. É preciso que o este semáforo funcione como regulador da velocidade e  que se active cada certo tempo co obxectivo de calmar o tráfico nesta travesía urbana e elevar a seguridade das persoas que habitan ou transitan ao borde desta estrada.

Por outra parte:

-O proxecto “CONSTRUCCIÓN SENDA PEONIL, ESTRADA PO-551 MARIN-RANDE P.Q.2+000 AO 2+950 (BAGÜIN-MARÍN)”, recentemente acometido por esa administración, supuxo a instalación de novas  barreiras metálicas que non responden ás  reivindicacións dos/das motoristas galegos/as, polo que solicitamos a instalación de outros con protección SPM.

-O proxecto tampouco contemplaba a consolidación dos terrapléns na recta de Bagüín, e a pesar dos reiterados anuncios por parte do goberno local, de que ese departamento procedería a instalar unha malla metálica a principios deste mes de setembro, a instalación segue sen acometerse, e os desprendementos de grandes cachotes de pedras  xa se produciron poñendo en perigo o tránsito de peóns nunha senda que en principio está destinada á “seguridade” viaria.

-A sinalización vertical instalada por ese departamento está a invadir o paso de peóns polas beirarrúas xa existentes, polo que solicitamos que se emprace sen invadir o firme e deixando un ancho que permita o paso de persoas discapacitadas ou con mobilidade limitada.

-En canto a sinalización entendemos que resulta totalmente deficiente. Os límites de velocidade non están establecidos, nin hai advertencia de tramos perigosos para o tráfico, nin se alerta de entrada en tramo urbano cando se accede en dirección Seixo-Marín. Cabe sinalar que ese departamento chegou a instalar un sinal de 70km/h na travesía Aviador Calviño que foi retirada despois da denuncia pública do BNG.

Asinado,

Marín, 22 de setembro de 2014

 

 

 

Solicitude de actuacións sobre a seguridade e sinalización viaria na PO-551 ao seu paso pola parroqu