MOCIÓN EN DEMANDA DA PAVIMENTACIÓN DA PISTA DOS BRAVOS, PRAZOLETA DE AREALONGA E OUTROS SERVIZOS BÁS
MOCIÓN EN DEMANDA DA PAVIMENTACIÓN DA PISTA DOS BRAVOS, PRAZOLETA DE AREALONGA E OUTROS SERVIZOS BÁSICOS NOS LUGARES DO SOUTO DE CARREGAL E A ESTIVADA
O Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción en demanda da pavimentación da pista dos Bravos, prazoleta de Arealonga e outros servizos básicos nos lugares do Souto de Carregal e a Estivada, para o seu tratamento polo Pleno da Corporación Municipal,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A falta de antención ás parroquias do rural é unha constante dende a entrada do PP no goberno local. A maioría das demandas refliten a falta de organización en servizos básicos como o mantemento de camiños, alumeado e das poucas dotacións coas que contan e das que dependen a calidade de vida das persoas que viven no rural.
En decembro de 2012 o Pleno aprobou por unanimidade a moción do BNG na que se instaba ao goberno local a pavimentación da pista de Arealonga. Máis de dous anos despois os veciños están esperando que se lles tapén os baches e se proceda á pavimentación da pequena prazoleta de Areaolonga de Abaixo e da pista que a une á zona da Estivada, tal e como se acordou. É preciso, simplemente, levantar un pequeno muro de formigón e recoller as augas pluviais.
Os veciños dos Bravos reclaman a pavimentación da pista que conduce ás súas casas, así como que se complete a obra do muro de contención que a sostén cunha baranda de protección e a colocación dun pequena presa que evite que a auga anegue as fincas.
Ademais, o asfaltado realizado hai só uns meses polo goberno actual e a Deputación está xa totalmente levantado a consecuencia de facer obras sen proxecto, a correr, de xeito que a falta de canalización das augas xa estragou o pavimento.
Outras demandas
A todo isto é preciso engadir e reiteirar as seguintes demandas veciñais:
-Colocación de dous lombos na Praza do Souto do Carragal e advertencia de límite de velocidade a 30.
- Recollida de augas pluviais no tramo que vai desde o cruce do Carragal até a canteira da Laxe.
- Recollida de augas na baixada do Pitanxo.
- Reposición do poste de alumeado que foi tirado por un coche hai máis dun ano.
- Reposición das lampadas do lavadoiro do Carragal.
- Instalación dun punto de luz no Carragal número 36 para evitar a falta de visibilidade.
- Reposición da lampada da Laxe no número 46.
- Instalación de alumeado público na pista que vai de Viñas Brancas até o lugar do Outeiro.
- Instalación de firme adaptado no parque infantirl do Souto do Carragal e dun tobogán.
En consecuencia, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos:
- Instar ao goberno local a cumprir cos compromisos adquiridos e proceder a pavimentación da pista dos Bravos, da prazoleta de Arealonga e da pista que a une coa Estivada.
- Instar ao goberno local á reparación do asfaltado en Arealonga.
- Instar ao goberno local a levar a cabo o resto das demandas recollidas nesta moción:
- Colocación de dous lombos na Praza do Souto do Carragal e advertencia de límite de velocidade a 30.
- Recollida de augas pluviais no tramo que vai desde o cruce do Carragal até a canteira da Laxe.
- Recollida de augas na baixada do Pitanxo.
- Reposición do poste de alumeado que foi tirado por un coche hai máis dun ano.
- Reposición das lampadas do lavadoiro do Carragal.
- Instalación dun punto de luz no Carragal número 36 para evitar a falta de visibilidade.
- Reposición da lampada da Laxe no número 46.
- Instalación de alumeado público na pista que vai de Viñas Brancas até o lugar do Outeiro.
- Instalación de firme adaptado no parque infantirl do Souto do Carragal e dun tobogán.
A portavoz municipal,
Pilar Blanco López
Marín, 29 de xaneiro de 2015