Moción urxente relativa ás medidas a tomar, por parte do goberno local, ante a actitude intransixent

Moción urxente relativa ás medidas a tomar, por parte do goberno local, ante a actitude intransixent

 

As cidades que avanzan reciclan e compostan os seus residuos urbanos

O Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción para o seu tratamento, pola vía de urxencia, no pleno da corporación municipal:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 10 de abril, o Grupo Municipal do BNG, solicitaba do Pleno os seguintes acordos en relación as xustas reivindicacións dos traballadores de Urbaser no noso municipio:

1,- O apoio do Pleno ás xustas reivindicacións dos tralladores de Urbaser.

2.- O Pleno da Corporación rexeita á actitude intransixente da empresa no proceso de negociación do novo convenio colectivo e demanda da mesma o reinicio das conversas.

3.- O Pleno da Corporación, respectando sempre a libertade de ambas partes (empresa e traballadores) na negoción, demanda a mediación da alcaldesa co obxectivo de desbloquear o proceso, e en aras a evitar un conflito laboral que prexudique á cidadanía de Marín.

O PP, impoñendo a súa maioría absoluta, impediu un acordo unánime que incluíse estes tres puntos, e obrigou a reformar a parte resolutiva da moción acandando o seguinte acordo:

“O Pleno da Corporación, respectando sempre a liberdade de ambas partes (empresa e

traballadores) na negociación, demanda a mediación da alcaldesa co obxectivo de desbloquearo proceso, e en aras a evitar un conflito laboral que prexudique á cidadanía de Marín”.

Sen embargo, esta mediación fíxose esperar até o día 29 de abril, despois do anuncio de convocatoria de folga por parte dos traballadores con data de inicio o día 11 de maio.

A esperada reunión entre empresa e traballadores tivo lugar, por fín, o pasado día 5 de maio, mais que rematou sen acordo ante a inflexibilidade da empresa, a pesar de que, dende o Comité de Empresa preciouse publicamente que están dispostos a variar a súa proposta, sempre e cando Urbaser faga o mesmo. Polo cal os traballadores de Urbaser solicitaron á Xunta de Galicia a mediación da Autoridade Laboral.

Ao mesmo tempo, os portavoces sindicais criticaban duramente os servizos mínimos decretados pola alcadesa porque “vulneran sen xénero de dúbidas o dereito fundamental de folga, na medida que establece uns servizos de recollida de lixo moi similares os dun día normal», e manifestaban que esta decisión deixa en evidencia á alcaldesa por «situarse ao lado da empresa».

Hai que lembrar que as reivindicacións dos traballadores de Urbaser pasan por unha suba salarial sobre uns salarios que eles mesmos cualifican de miserables e que non superan os 840€ de media, e unha perda adquisitiva que alcanza os 900€ anuais con respecto a hai tres anos.

Ao mesmo tempo vimos de coñecer a resolución xudicial que dá a razón a Urbaser na reclamación do prezo do servizo, o cal obriga ao Concello a aboarlle máis de 700.00€, e a “alegría” co que o goberno local recibiu a noticia xa que “hay dinero para pagarle”, ao tempo que se insinua que non hai intención de recurrir a sentenza. Co cal, nos vemos na sitiuación de que  a empresa recibirá unha inxención económica importantísima ao tempo que nega as demandas salariais dos traballadores.

Dende o BNG entendemos que o goberno local está obrigado a facer todo o posible para evitar unha folga do lixo en Marín, xogar un papel moito máis activo, e tomar decións.

Polo cal, solicitamos do pleno da corporación a adopción dos seguintes acordos:

1.- O goberno local comunicará a Urbaser que a posibilidade de prórroga establecida no contrato  quedará suspendida se non se alcanza un acordo xusto entre empresa e traballadores para evitar a folga do lixo en Marín.

 

Asinado,

Pilar Blanco López

Marín, 8 de abril de 2015

Moción urxente relativa ás medidas a tomar, por parte do goberno local, ante a actitude intransixent