Concentración en defensa do castro de A Subidá este sábado 28/11 ás 17h

f365f033-8d56-4563-ab9c-80888c7cc44d
f365f033-8d56-4563-ab9c-80888c7cc44d
Concentración en defensa do castro de A Subidá este sábado 28/11 ás 17h

O BNG de Marín convoca unha concentración en defensa do castro de A Subidá e demandando a paralización das obras de “musealización” que se están realizando dentro do proxecto Trazas de Pontevedra I por parte do Ministerio de Fomento en colaboración coa Deputación.

As actuacións no Castro de A Subidá son un atentado e unha falta de respecto para o noso patrimonio arqueolóxico, a suposta posta en valor e musealización do castro de A Subidá está supoñendo unha urbanización e transformación do xacemento nun parque ou mirador. Non estamos ante uns traballos de escavación, investigación ou conservación do castro, estamos ante unha transformación do castro nun parque temático. Como se pode entender senón a colocación dunha pedra coa lenda "LOOK" nun castro?

Esta musealización non está pensada para poñer en valor o Castro da Subidá, nin os outros castros onde o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra están actuando, o que vai supoñer é a “estandarización” dos castros da Provincia de Pontevedra que van ser todos iguais. Vai dar o mesmo visitar o da Subidá ou o de Toiriz, pois imos ver dous castros semellantes, cando son emprazamentos e contornos distintos coas súas peculiaridades paisaxísticas.

Desde o BNG demandamos a paralización inmediata das obras e a reformulación do proxecto Trazas de Pontevedra I, que tamén afecta a outros castros da provincia de Pontevedra, e a súa reconversión desde unha perspectiva respectuosa coa conservación, estudo e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

Demandamos da administración autonómica un seguimento das actuacións que se están realizando no castro de A Subidá e que se determinen as responsabilidades ante esta desfeita.

Esta musealización non está pensada para poñer en valor o Castro da Subidá, nin os outros castros onde o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra están actuando, o que vai supoñer é a “estandarización” dos castros da Provincia de Pontevedra que van ser todos iguais. Vai dar o mesmo visitar o da Subidá ou o de Toiriz, pois imos ver dous castros semellantes, cando son emprazamentos e contornos distintos coas súas peculiaridades paisaxísticas.

Desde o BNG demandamos a inmediata paralización destas obras e que se reconsidere o proxecto desde unha perspectiva respectuosa coa conservación, estudo e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.


 

Marín, 26 de novembro de 2020

Concentración en defensa do castro de A Subidá este sábado 28/11 ás 17h