"O cambio real para os galegos e galegas só é un: facernos valer. Aquí e en Madrid"

Ana_Pontón
Ana_Pontón

ANA PONTÓN: "O cambio real para os galegos e galegas só é un: facernos valer. Aquí e en Madrid"

"O cambio real para os galegos e galegas só é un: facernos valer. Aquí e en Madrid"

Que opina da nova convocatoria de eleccións xerais para o 10 de novembro?

Opino o que a grande maioría da xente. Que a política española está a facer o ridículo e a demostrar o grao de irresponsabilidade dos seus partidos. Comprendo perfectamente a decepción e o enfado das persoas votantes de PSOE e Unidas Podemos, moitas delas votáronos pola apelación ao "voto útil fronte a dereita". Xa se veu para que. Non chegan a acordos porque poñen sempre por diante os seus intereses partidarios e os seus egos aos intereses da sociedade, que quere e necesita seriedade e altura na acción política. Dentro do malo, algo bo: para Galiza é unha oportunidade para cambiar. Nada de resignación: hai que transformar a decepción e o enfado nunha aposta forte por recuperar voz propia para o noso país, a través do BNG. Esta é a mensaxe que temos que trasladar con moita forza e claridade.

Con que perspectivas encara o BNG as Xerais?

Con toda a forza e toda a ilusión de devolver á sociedade galega unha representación propia e digna en Madrid. Se algo xa saben os galegos e galegas é que aquí o único cambio real pasa por facernos valer como país. A PSOE, PP ou Podemos diríxenos desde Madrid e son partidos que actúan ao servizo do que digan os seus xefes aló. Galiza non pinta nada nese esquema, somos sempre moeda de cambio. Chegou o momento de facernos respectar como pobo, de facernos valer. Non imos ser menos que vascos, cataláns, valencianos, canarios, cántabros... Somos un país digno e temos que ter voz propia. O BNG vai garantilo, estamos en condicións de facelo e percibimos que moita xente que nas pasadas xerais votou outras forzas desta volta vai apostar polo BNG, por moitos motivos. Expliquémolo ben e con claridade: fronte ao circo da política española, temos a oportunidade de actuar diferente. Cun voto de esquerda, transformador, a unha forza política seria e responsábel como o BNG, que ademais dará voz propia a Galiza, sen complexos e con absoluta firmeza na defensa da sociedade galega.

 

 

"O cambio real para os galegos e galegas só é un: facernos valer. Aquí e en Madrid"