Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20.30 contra o machismo,

Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20.30 contra o machismo,

untitledA Comisión de Acción Feminista do BNG do Morrazo convoca unha concentración na praza 8 de marzo de Marín “contra o machismo” para o venres 29 de agosto.

Iria Aboi “é necesario romper coa indiferenza, a invisibilidade e o silencio, porque calar fai cómplices"

A Comisión de Acción Feminista do BNG do Morrazo quere transmitir “a máis enérxica repulsa ao asasinato da veciña de Marín, Mónica Lorenzo López, vítima do terrorismo machista”. Consideran que “a violencia machista é o maior síntoma da desigualdade entre homes e mulleres" e urxen a que "se desenvolvan todas as medidas que conduzan a combater o sistema patriarcal".

A responsábel da Comisión, Iria Aboi considera que "este último asasinato evidencia que é

necesario aumentar os recursos destinados á loita contra todas as formas de violencia machista que se dan na sociedade". "Precisamos máis investimento tanto na prevención e educación, como nos medios para atención das vítimas". "Recortar nas políticas de igualdade, diminuír as axudas para ás vítimas desta violencia e prescindir dos recursos que lle serven de colchón ás que denuncian, provoca a indefensión das mulleres e perpetúa o machismo" sinala. Iria Aboi engade que "é preocupante a pouca importancia que se lle dá aos asasinatos machistas e considera que é necesario romper coa indiferenza, a invisibilidade e o silencio, porque calar fai cómplices".

 

Para isto, dende a Comisión de Acción Feminista do BNG do Morrazo convocan unha

concentración en Marín para o vindeiro venres 29 de agosto, a partir das 20:30h na praza 8 de

marzo que "sirva para que mulleres e homes manifesten publicamente o rexeitamento ao

machismo". Dende a organización nacionalista convidan a todo tipo de colectivos e persoas a

secundala. Iria Aboi explica que "con esta concentración pretendemos darlle continuidade ás

mostras de solidariedade e apoio á familia e amizades de Mónica Lorenzo López, ao tempo que

se aumenta a presión social para esixir que se tomen medidas reais despois do segundo asasinato machista en menos dun ano en Marín". Iria Aboi lembra que "os minutos de silencio non son suficientes, os gobernos incluído o de Marín teñen que tomar medidas xa, para camiñar cara unha sociedade igualitaria e sen discriminacións".

 

Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20.30 contra o machismo,