O BNG traslada ao pleno a iniciativa da CIG por unha tarifa eléctrica galega
Esta mañá o Secretario Comarcal da Confederación Intersindical Galgega na comarca de Pontevedra e o grupo municipal do BNG presentaron esta mañá en rolda de prensa unha campaña a prol da tarifa eléctrica galega.
A portavoz do BNG-AA de Marín, Pilar Blanco, explicou que o dereito a decidir sobre os nosos recursos é unha cuestión esencial para o nacionalismo: Galicia mantén a factura eléctrica máis cara da Unión Europea cando producimos entre un 30 e un 40% máis do que consumimos, todo o demais exportámolo, ou mais ben regalámolo porque por riba de non recibir nada a cambio pagamos a factura máis cara.
É máis, as leis impostas polo Estado obrigan aos consumidores e consumidoras ao pago dun suplemento pola xeración e transporte da enerxía eléctrica que Galiz exporta, engadiu a portavoz do BNG.
O represetante sindical, Marcos Conde, aprofundou no contido da inciativa que leva a cabo a CIG: Conseguir unha tarifa eléctrica galega contribuiría a paliar o maior problema do noso país: a falta de emprego.
Nos últimos dous anos o recibo da luz duplicouse ao tempo que os salarios descendenron vertixinosamente e hoxe en día para a maioría dos traballadores(as) chegar aos 1000 supón unha quimera, afirmou.
Na Galiza hai 100.000 persoas en situación de pobreza enerxética, é dicir, dos ingresos que perciben destinan un 10% a pagar a factura da enerxía e o que lle queda non lle dá para vivir.
A liberalización das industrias enerxéticas, lonxe de ser beneficiosa, serviu para que cobren o mesmo e que máis dun 40% do que nos cobran sexan impostos e peaxes
Galiza exporta un 40% do que produce, é dicir, sóbranos enerxía, porque entón non se evita a pobreza enerxética e non implantamos unha tarifa eléctrica galega para conseguir que as nosas empresas sexan máis competitiva e xeren máis emprego?, pregúntase o secretario da CIG na comarca de Pontevedra.
Iso precisamente é o que se solicitara no Pleno da Corporación de Marín a través da moción presentada polo sindicato nacionalista e do BNG que ven de recoller a proposta para que sexa debatida o vindeiro mes de outubro.
A CIG xa tramitou no Parlamento Galego unha Proposición de Lei, pero o máis importante é dar o debate na sociedade, por iso tamén solicitarán poder intervir no pleno e na comisión informativa e, conxuntamente co BNG celebrarán charlas e debates por todo o páis e tamén en Marín.
Mais importante que acadar as 10.000 sinaturas para que se tramite a Proposición de Lei é que os galegos e galegas saiban que teñen dereito a decidir a que se destina a enerxía que producimos e a que repercuta na creació de emprego e no benestar social, finalizaou Marcos Conde.
Marín, setembro de 2015