O BNG impulsa a realización da nave de deportes náuticos

O BNG impulsa a realización da nave de deportes náuticos

webdeporteSolicitaremos da Corporación Municipal a  constitución  dun grupo de traballo integrado por clubs, asociacións e grupos políticos

 

O BNG-Asemblea Aberta de Marín solicitará, a través dunha moción, da Corporación Municipal  a  constitución dun grupo de traballo que estará integrado por representantes dos clubs e asociacións do municipio vinculados aos deportes naúticos, e por representantes dos grupos políticos que forman parte da corporación municipal, co fin de que participen  na elaboración do proxecto  e  de  impulsar a realización da futura nave de deportes naúticos de Marín.

O concelleiro do BNG, Alfonso Fernández, lembra que en agosto de 2014, o Pleno aprobou por unanimidade á moción presentada polo  BNG para lograra desafectación da nave almacén situada na zona 5 do Porto de Marín para destinala a actividades náutico-deportivas:  “Daquela os clubs de piragüismo e remo, xunto coas  asociacións Tenlo e Amigos dos Rapaces, fixemos unha recollida masiva de sinaturas en apoio á moción”.

“Desde aquel acordo unánime, os clubs de piragüismo e remo, lonxe de permanecer como simples espectadores, levaron a cabo accións reivindicativas para dar a coñecer á cidadanía de Marín as  pésimas condicións nas que teñen que realizar a súa actividade deportiva”,  volve lembrar o concelleiro do BNG.

Estamos a falar  dunha dotación pública sobre a que hai un consenso acadado entre  todos os grupos e que afectará ao futuro dos clubs e asociacións e o goberno debe facer partícipes aos clubs e demais grupos políticos da eleboración deste proxecto

Alfonso Fernández informa tamén de que, tras máis de catro anos de goberno municipal do PP,  e a intensa campaña do BNG e dos clubs a favor da nave, o concelleiro delegado de Deporte acompañado de persoal técnico, visitou por primeira vez,  as instalacións dos clubs,  cara a elaborar o que sería o proxecto da futura nave de deportes naúticos de Marín.

“Desde a  visita, que non se fixo pública, pouco o nada se pode desprender das intencións do goberno local con respecto a esta  dotación pública destinada aos clubs e con respecto á cal todos os grupos políticos da corporación se definiron unanimemente a  favor da iniciativa do BNG”,  engade.

“Estamos a falar  dunha dotación pública sobre a que hai un consenso acadado entre  todos os grupos e que afectará ao futuro dos clubs e asociacións e o goberno debe facer partícipes aos clubs e demais grupos políticos da eleboración deste proxecto”, afirma o edil nacionalista.

“O BNG quere que esta dotación se faga e non quede nun simple anuncio do goberno ou se utilice electoralmente como xa nos teñen acostumados por parte do goberno local. Por iso é importantísimo que flúa a información e se dea participación  sobre as decesións que se tomen ao respecto “, finaliza Alfonso Fernández.

 

Marín, setembro de 2015

O BNG impulsa a realización da nave de deportes náuticos