O BNG recolle as demandas dos praceiros e praceiras de Marín

O BNG recolle as demandas dos praceiros e praceiras de Marín

Os traballadores e traballadoras da Praza non recibiron ningunha explicación directa por parte do Concello en relación coas obras a executar

Os concesionarios  demandan que se elimine definitivamente o dobre sentido en Exército e Mariña e reclaman máis prazas de estacionamento

O Grupo Municipal do BNG de Marín ven de presentar alegacións ao chamado proxecto para o “Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos”, despois de recoller as demandas dos praceiros e praceiras.

O BNG demanda tamén que durante o período  que teñan lugar as obras, estas se realicen fóra do horario de funcionamento da Praza de Abastos para non entorpecer o mesmo.

Reunións coas praceiras e praceiros

O BNG recolleu ás dúbidas e propostas dos praceiros que se recollen nas alegacións presentadas no rexistro municipal

A pesar dos nove meses transcorridos dende que o goberno local do PP anunciara a súa intencionalidade de remodelar a entrada da Praza de Abastos de Marín dende a rúa Exército e Mariña, a día de hoxe os traballadores e traballadoras da Praza non recibiron ningunha explicación directa por parte do Concello en relación coas obras e o proxecto a executar. “Ninguén do goberno local se prestou a dar explicacións aos afectados máis directos que son os traballadores e traballadoras da Praza”, afirma o concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa.

O concelleiro nacionalista, explica que “ante o descoñecemento que a gran maioría dos traballadores e traballadoras da Praza nos manifestaron con respecto á intencionalidade do goberno municipal, decidimos expoñer os planos do proxecto, que está en período de exposición pública, no taboleiro da propia Praza, e poñernos a disposición dos praceiros para recoller as súas demandas”.

Tras dúas reunións celebradas na propia Praza de Abastos, o BNG puido recoller ás dúbidas e propostas dos praceiros que agora se plasman no documento de alegacións presentadas no rexistro municipal.

Principais demandas

Finalmente suprímense varias prazas de aparcamento nunha zona que demanda cada vez máis servizos

“Aínda que o goberno do PP anunciou que non se establecería dobre sentido da circulación en Exército e Mariña, o proxecto segue recollendo esa posibilidade mantendo un deseño da calzada que posibilita que en calquera momento se poida establecer a circulación en ambos sentidos”, explica o concelleiro nacionalista.

“Demandamos que se elimine de xeito definitivo o dobre sentido de circulación neste tramo, e que se delimiten as prazas de aparcamento, tal e como nos reclamaron os praceiros”.

“Ademais, e a pesar do declarado por parte da alcaldesa e da concelleira delegada de Comercio, finalmente suprímense varias prazas de aparcamento nunha zona que demanda cada vez máis servizos, polo tanto tamén solicitamos que se estude de novo o deseño para non perder estacionamentos”.

Itinerario peonil ou muelle de carga e descarga

“O proxecto que pretende o goberno local elimina o muelle da Praza e deseña un itinerario peonil pegado ao edificio que ao mesmo será zona de carga e descarga, sen especificar como se vai compatibilizar a actividade en horario de Praza coa circulación de peóns”, explica Vilaboa Ramos. “Ademais delimítanse unhas prazas adaptadas á furgonetas e 5m de longo cando hai vehículos de tamaño moito maior que subministran mercadorías á Praza”, engade

Praza5web“Polo tanto demandamos que se re-deseñe o proxecto  de xeito que esta zona de carga e descarga poidan acceder os distintos tipos de vehículos que dan servizo á Praza de Abastos, que se estableza un horario da zona de carga e descarga adaptado as súas necesidades, e que se recolla a incompatibilidade da zona de muelle co uso de itinerario peonil durante o horario de Praza”, finaliza o concelleiro nacionalista.

Marín, 23 de xuño de 2014

http://bng.gal/marin/2014/06/24/alegacions-ao-proxecto-para-acondicionamento-acceso-principal-a-praza-de-abastos/#more-2146

 

O BNG recolle as demandas dos praceiros e praceiras de Marín