O BNG propón ao Pleno reconverter a nave almacén do Porto para acoller actividades deportivas
Os nacionalistas instan ao Concello a que solicite o uso da nave para poder acondicionala
O BNG insta ao Pleno a tomar un acordo para que a nave almacén da Autoridade Portuaria pase a uso municipal e se reconvirta para poder destinala a actividades náutico deportivas por parte dos clubs e asociacións de Marín.
Reunión coa Autoridade Portuaria
Os representantes do Grupo Municipal do BNG, xunto co deputado no Parlamento Galego, Daniel Rodas, mantiveron recentemente unha reunión co presidente e co director da Autoridade Portuaria de Marín, durante a cal se confirmou que esta nave desaparecería a medio prazo xa que a empresa que a utiliza xa solicitou autorización para construír outra na zona de expasión.
Urxe dar unha solución que pasa por evitar a demolición da nave e reconvertila en nave náutico deportiva
O presidente do Porto recoñeceu perfectamente factible destinar esta zona á uso público, pero amosouse reticente á reconversión da nave almacén propoñendo a construcción dun novo edificio a longo prazo, sinala a portavoz do BNG, Pilar Blanco.
Dificultades dos clubs deportivos e proposta do BNG
Dende o BNG transmitímoslle aos represntantes do Porto as dificultades que os clubs de piragüismo e remo están a ter para practicar con normalidade o seu deporte dentro do recinto portuario. Cada vez son maiores as restricións que se lle impoñen tanto para entrar como para saír do Porto e mesmo para acceder á lámina de auga debido a que as embarcacións deportivas deben sortear unha zona de tráfico de buques xa que as instalacións están situadas na zona central do Porto moi preto do muelle comercial, explica a concelleira nacionalista.
A desafectación da nave almacén para destinala a uso náutico-deportivo daría cobertura aos clubs deportivos e achegaría o deporte á cidade
A desafectación da nave almacén para destinala a uso náutico-deportivo daría cobertura aos clubs deportivos ao tempo que se afastaría a actividade deportiva da actividade portuaria, e achegaría o deporte á cidade e ao público.
Urxe dar unha solución que pasa por evitar a demolición da nave e reconvertila en nave náutico deportiva, afirma a portavoz do BNG.
Fin da concesión
Debe ser o Concello de Marín quen solicitae do Porto a concesión do uso da nave co obxectivo de levar a cabo a súa restauración e destinala a actividades náutico deportivas por parte dos clubs e asociacións de Marín. Derrubala antes de que sexa factible e viable economicamente construír un novo edificio sería condenar aos clubs á situación actual durante non se sabe cantos anos mais, afirma Pilar Blanco.