O BNG promerá unha festa gastronómica de calidade con productos de Marín
Recuperaremos a Festa da Canción Mariñeira, que o PP deixou de lado para apoiar aquelas ás que só asisten os seus organizadores, asegura Pilar Blanco
Unha degustación do chourizo criollo de polbo creado por Alfonso Díaz e elaborado en Marín serviu de marco para presentar as iniciativas
O BNG-AA marinense celebrou onte un acto na Praza da Veiguiña co que pretende reivindicar a calidade dos produtos de Marín, o traballo e a iniciativa da súa hostalería e comprometerse cos veciños a que o seu Goberno local apostará con firmeza pola posta en marcha e consolidación dunha ou varias festas gastronómicas ao longo do ano.
Para o evento contou coa participación do gastrónomo local Alfonso Díaz, quen preparou os seus chourizos criollos de polbo, un producto ideado e elaborado en Marín, que posteriormente foi degustado polos asistentes. Esta é só unha mostra do que os marinenses damos de nós mesmos cando apostan por nós e nos apoian desde as institucións, sinalou a candidata á Alcaldía, Pilar Blanco.
Así mesmo, resaltou que canto estivemos no Goberno local creamos a Festa da Canción Mariñeira coincidindo coa celebración de San Miguel, evento que o PP deixou de lado en canto chegou ao Concello para apoiar festas ás que só asisten os que as organizan. Ademais, incidiu en que o apoio decidido da Concellaría de Turismo, que ostentaba o Goberno local, impulsou ata conseguer a declaración da Festa da San Miguel e a súa Danza de Espadas como Festa de Interese Turístico de Galicia.
O noso compromiso é recuperar a Festa da Canción Mariñeira e potenciala, así como algunha outra de carácter astronómico que se consensue cos sectores económicos locais, sempre nas mesmas datas, que permitan promocionar os nosos produtos, a hostalería e o comercio local e dinamizar a economía do municipio, indicou Blanco.
Ademais, a candidata do BNG comprometeuse a crear unha comisión municipal de festas na que estarían representados a hostalería, o comercio e as entidades culturais, con obxectivo de impulsar as festas, que teñen que ser de todo Marín e non estar só arredor da Alameda e do Parque Eguren, senón que haberá que organizar concertos e actividades culturais aos barrios.
Outro dos obxectivos que se marca o grupo nacionalista se accede ao Goberno local é recuperar e revitalizar as festas da patroa e aproveitar repercusión que os actos de San Miguel lle dan a Marín para potenciar as actividades nestas datas e conseguir unha maior proxección turística da cidade.
Finalmente, o BNG propón reformular a Festa Corsaria para facer protagonista da mesma á historia de Marín, así como potenciar eventos como o Son de Marín e o Festimar aproveitando a boa acollida que tiveron, ao tempo que se aposte por crear novas iniciativas deste tipo, tal como sinalou Pilar Blanco.
En canto ás festas nas parroquias e nos barrios, a alcaldable nacionalista resaltou que é fundamental apoiar ás comisións organizadoras e procurar a participación dos grupos musicais e culturais que temos en Marín, en especial da Banda de Música.
Marín, 15 de maio de 2015