O BNG-AA aposta por abrir Marín ao mar e crear un porto deportivo no Paseo Alcalde Blanco

Pilar Blanco afirma que só nos seremos quen de impulsar un proxecto tan importante para a cidade como este
Ademais propón crear un amplo bulevar frente ao Concello para recuperar a fachada marítima para os veciños
O BNG-AA marinense destacou onte o seu compromiso co obxectivo de abrir Marín ao mar durante os vindeiros catro anos. Ademais, a súa candidata á Alcaldía, Pilar Blanco, lembra que o seu grupo foi o único que xa fixo diversas xestións cos organismos implicados para buscar a mellor fórmula en colaboración coa Escola Naval Militar e coa Autoridade Portuaria.
A alcaldable nacionalista considera imprescindible construir o porto deportivo que Marín necesita xunto ao Paseo Alcalde Blanco, na franxa litoral situada entre a academia militar e a zona portuaria, algo que debería conseguirse mediante un convenio con Costas, Defensa, Portos do Estado e a Xunta de Galicia, sinala.
Neste sentido, explica que o seu grupo xa presentou esta iniciativa aos responsables da Escola Naval e do Porto de Marín. No primeiro caso observamos a súa receptividade aínda que delegou a decisión final ao Ministerio de Defensa, é dicir aos seus dirixentes políticos, mentres que no segundo achegáronse as posturas, indica Blanco.
O seguinte paso do BNG foi acadar o acordo unánime da Corporación para emprazar neste lugar o porto deportivo, co dobre obxectivo de protexer as praias do litoral marinense e aproveitar as vantaxes das instalacións existentes.
Sin embargo, a candidata nacionalista engade que á vista das posturas de cada grupo nos últimos anos, só nós seremos quen de impulsar un proxecto tan importante para Marín como este.
Blanco resaltou que o PP levaba no seu programa de hai catro anos un porto deportivo e xa presentara unha moción neste sentido no mandato anterior cada estaba na oposición, pero desde o Goberno local non se deu nunca un paso a pesar de ter moitas facilidades, como é o Goberno do Estado e da Xunta e a relación de María Ramallo coa ministra de Fomento e co presidente da Autoridade Portuaria.
De xeito complementario, o BNG tamén reclama que a nave almacén portuaria situada ao lado do paseo sexa cedida para albergar o centro de deportes náuticos (remo e piragüismo especialmente), como xa sinalou nons días anteriores.
Por outra parte, a candidatura nacionalista impulsará unha reordenación da zona comprendido ao borde da avenida de Ourense fronte aos edificios do Concello, o Xulgado e a Biblioteca, xerando un amplo bulevar que permita a recuperación dunha nova fachada marítima na que poder emprazar unha zona comercial e de hostalería en locais integrados na paisaxe, que potencie e recupere a actividade turística e a visión da lámina de auga, engadiu Pilar Blanco.
Marín, maio de 2015