O BNG lamenta que Ramallo recorra ás mentiras para desestimar as alegacións ao proxecto da Praza
O deseño aprobado polo goberno local eliminará prazas de aparcamento e manterá a posibilidade do dobre sentido da circulación
O BNG lamenta que o grupo de goberno do PP non tivera en conta as alegacións presentadas ao chamado proxecto de Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos, a través das cales os nacionalistas recollían as suxestións dos propios praceiros e praceiras.
Xosé María Vilaboa cualifica de mentiras as afirmacións da alcaldesa de Marín, María Ramallo, a cal afirma que o BNG solicita o peche da porta de entrada ao Mercado por Exército e Mariña: A alcaldesa xunto coa súa concelleira de Mercado, Cristina Acuña, que nunca se reuniron cos traballadores da Praza para explicarlles o proxecto, van difundido por aí que o BNG solicita o peche da porta, algo totalmente falso porque ademais esta porta abriuse durante a xestión de goberno do BNG e cando eu era concelleiro de Mercado. A instalación dunha estrutura de cristal e aluminio adaptada á normativa vixente permitiu abrir a porta durante todo o horario de Mercado.
O BNG si se reuniu cos praceiros e praceiras da Praza para expoñerlles os planos que o grupo de goberno non sacou do Concello. O resultado da dúas reunións mantida na propia Praza de Abastos, foron as alegacións presentadas polo BNG despois de valorar o proxecto e para tratar de mellorar o que o goberno pretende facer sen consultar cos destinatarios directos que son os traballadores e traballadoras do mercado, afirma o concelleiro nacionalista.
Do proxecto despréndese que o muelle de carga e descarga desaparece para converterse nun itinerario peonil pegado ao edificio que fará tamén a función de zona de carga e descarga, pero non se explica a compatibilidade dunha zona de traballo que será ao mesmo tempo de acceso do público que acude ao mercado nin como van poder acceder a esta zona os distintos vehículos que dan servizo á Praza de Abastos nin tampouco se vai ter un horario adaptado as necesidades dos traballadores. Neste sentido van as nosas alegacións que nada teñen que ver con manter a porta aberta ou pechada, aclara.
Outras alegacións rexeitadas
O goberno local do PP manterá o deseño de dobre sentido rexeitando así a petición dos praceiros de que se eliminase de xeito definitivo ordenando o espazo resultante delimitando as prazas de aparcamento, co cal queda clara a intencionalidade do grupo de goberno.
Tamén se nega a buscar unha alternativa que non supoña a supresión de prazas de aparcamento nun entorno con moitas dificultades para poder aparcar.
Xa que se van rexeitar todas as nosas alegacións, esperamos que polo menos se teña en conta a nosa petición de que durante o período que teñan lugar as obras, estas se realicen fóra do horario de funcionamento da Praza de Abastos, aínda que dada a pouca receptividade e as falsidades que difunde a señora Ramallo, albergamos poucas esperanzas, finaliza Xosé María Vilaboa.
Marín, 16 de xullo de 2014