O BNG-AA de Marín arranca con forza na presentación da candidatura

O BNG-AA de Marín arranca con forza na presentación da candidatura

portadawebweb“ Queremos recuperar a nosa identidade, desterrar para sempre  que “en  Marín non hai nada”,  e facernos donos do noso futuro”, afirmou Pilar Blanco

 

O BNG-Asemblea Aberta de Marín arrancou con forza no acto de presentación da candidatura. O público abarrotou o salón de actos da biblioteca Vidal Pazos para coñecer de preto ás persoas que asumen o reto de defender un proxecto que recupere a importancia de ser de Marín.

O acto contou coa presenza do alcalde de Bueu, Félix Juncal, quen animou a Pilar Blanco a levar adiante un proxecto ilusionador para Marín ao igual que o BNG está a facer na vila veciña, “un proxecto de xente do pobo para ben do pobo”, afirmou.

“Queremos recuperar a nosa memoria, a nosa historia a do pobo traballador que fixo posibleMarín, pero non por motivos nostálxicos, nin para lamentarnos dun pasado máis próspero, senón por dignidade, e porque só sabendo de onde vimos podemos saber o que  somos, o queremos ser e a até onde podemos chegar”, afirmou Pilar Blanco na súa intervención.

Lucía Santos, número dous da candidatura destacou a importancia de levar a cabo políticas sociais no concello e denunciou o trato que están a percibir por parte do actual goberno do PP as persoas que teñen dereito ás axudas sociais e os recortes sistemáticos que o goberno de Ramallo aplica sen pudor.

“O BNG-AA non é un invento para presentarse as eleccións municipais, tampouco somos profesionais da política, mais estamos orgullosos do que somos, cos nosos acertos e cos nos erros, e hoxe podemos presentarnos aquí ante vós e dar conta dun traballo constante, preto dos veciños e veciñas e a nosa candidatura é o resultado dese labor”, afirmou Pilar Blanco.

“Queremos recuperar a nosa identidade, desterrar para sempre  que “En  Marín non hai nada”, facernos donos do noso futuro e indentificarnos no que significa Ser de Marín”, rematou a candidata do BNG antes de dar paso á presentación dos homes e mulleres que conforman a candidatura.

Marín, 25 de abril de 2015

 

O BNG-AA de Marín arranca con forza na presentación da candidatura