O BNG afirma que a moción que presenta a alcaldía sobre o rexistro non dá solución a Marín
Solicitamos do goberno central que derogue o decreto que privatiza o rexistro e nos obriga a ir a Pontevedra, afirma Pilar Blanco
O BNG ven de rexistrar unha moción na cal insta ao Goberno do Estado á inmediata derrogación deste Real decreto que deixa a Marín sen rexistro civil e nós obriga a trasladarnos ao rexistro da propiedade en Pontevedra, afirma a portavoz , Pilar Blanco.
Estamos dispostos á apoiar o acordo da Fegamp pero este non é suficiente porque non da solución a Marín, sinala. O decreto lei aprobado polo goberno de Rajoy establece que o rexistro civil vai pasar a mans dos rexistradores da propiedade e mercantís, no caso de Marín o rexistro da propiedade atópase en Pontevedra, polo tanto limitarse a solicitar que as funcións rexistrais queden no ámbito municipal onde están establecidos, tal como propón a alcadesa, non dá solución a Marín.
Estamos dispostos á apoiar o acordo da Fegamp pero este non é suficiente porque non da solución a Marín
A entrada en vigor da lei, alterada por decreto lei, implica a privatización do servizo que pasa a mans de rexistradores mercantís e da propiedade, a moción presentada pola alcaldía non fai referencia algunha a este aspecto e dá por bo que se poida privatizar un servizo que até agora era público, engade.
Para nós a solución pasa pola derrogación deste Real decreto no que afecta á Lei 20/2011, e á paralización do traspaso do Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís, e isto só pode facelo quen nos levou a esta situación, o goberno do PP.
Por iso tamén instamos aos deputados e deputadas do PP no Congreso a apoiar as emendas presentadas polo demais grupos políticos ao Proyecto de Ley de medidas de reforma administrativa en el ámbito de la Administración de Justicia y del Registro Civil (121/000101) que vaian no sentido de que se manteñan os Rexistros Civís mantendo a actual estrutura administrativa evitando a súa adscripción a calquera tipo de xestión privada, explica a portavoz do BNG.
Para nós a solución pasa pola derrogación deste Real decreto no que afecta á Lei 20/2011, e á paralización do traspaso do Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís
Así o expuxemos hoxe na Xunta de Potavoces que se celebrou a petición nosa, e na que deixamos claro que o que solicita a alcadía é insuficiente e non dá solución a Marín, porque se insire nun contexto posterior á entrada en vigor do Real decreto-lei 8/2014 (o 15 de xullo de 2015), e daquela os rexistros civís xa estarán en man dos rexistradores da propiedade. Polo tanto propoñemos que ese acordo se complemente coas nosas propostas porque senón estaremos abocados a ir a Pontevedra, finaliza Pilar Blanco
http://bng.gal/marin/2015/04/09/mocion-a-favor-do-mantemento-do-rexistro-civil-en-marin/
Marín, 8 de abril de 2015