Sen categorizar
O BNG califica de tomadura de pelo o sendeiro "accesible" na praia de Mogor
01/xul./2025
Davinia Lojo critica que a accesibilidade reclamada polo BNG en todas as praias, co obxectivo de garantir o acceso á auga a persoas con mobilidade reducida, se limitase á instalación dunha pasarela en Mogor, que considera perigosa e non funcional. Lamenta tamén a falta de mantemento noutras infraestruturas, como a pasarela de acceso á praia de Portocelo.