Un novo verquido no río Loira alcanza as augas da praia
O goberno local segue sen atender os requirimentos de Augas de Galicia
Un novo verquido na rede de saneamento provocou que as augas fecais chegasen á praia de Loira. De novo foron os veciños os que alertaron aos servizos municipais, máis desta volta non puideron evitar que a contaminación invadise as augas do mar.
Máis de 24 horas verquendo
Desta volta o verquido puido durar máis de 24 horas, xa que os veciños alertáronse o domingo pola mañá cando paseaban pola praia, pero probablemente o fallo non bombeo se producise o sábado pola mañá. A alerta saltou cando se apercibiron de que a auga cheiraba mal. Por costume achegáronse ao punto do bombeo no río e ao comprobar que estaba vertendo avisaron á Policía Local. Logo foi reparado mais as augas fecais xa estiveran contaminando o río e chegaran á praia, informa a portavoz do BNG, Pilar Blanco.
Este é o terceiro verquido en menos de dúas semanas e no mesmo punto, e o polo menos o cuarto no prazo dun mes, o cal indica que as alarmas instaladas nos bombeos non funcionan e, o que é peor, non se reparan, engade.
Vairos verquidos en menos dun mes
Non é normal que en menos de quince días se teñan producido tres verquidos e que sempre sexan os veciños os que dean a voz de alarma senón o Concello nin se decataría. Hoxe en día existen medios para poder detectar o fallos nos bombeos case ao mesmo tempo que se producen. O goberno local e, en particular a responsable de Medio Ambiente deber dar unha explicación deste desastre, afirma a concelleira do BNG.
Non hai ningún sistema de alertas que avise aos servizos municipais de fallos na rede. Sempre son os veciños os que avisan, e con sorte os verquido xa se iniciou horas atrás, cando non días como desta volta, engade.
Requirimentos de Augas de Galicia
A proba máis patente de que para este goberno facer obras de mantemento na rede de saneamento non é unha prioridade, é a advertencia que Augas de Galicia realizou en abril pasado e que segue sen atender. Un informe do Servizo de Conservación da Natureza alertou da mala situación da tubaxe que atravesa o río e que o Concello debe retirar, mais a día de hoxe o goberno local non fixo nada de nada e os fallos e verquidos sucédense ante a indignación dos veciños e veciñas de Loira que ven como o río, a praia e o seu entorno está cada día máis degradado.
Ademais o goberno local oculta sempre que pode os verquidos que se veñen producindo ao río Loira. Os veciños aseguran que este verán os fallos na rede foron continuos, e de feito non se limitan ao entorno do río, tal como denunciou o BNG hai uns días, engade a concelleira nacionalista.
Non hai mais que darse unha volta polo río para comprobar que hai varios puntos de verquidos de fecais e que non existe mantemento da rede municipal. Non vale dicir que las tuberías están viejas e escusarse en que non hai cartos cando se están a gastar miles de euros en inchables nas praias ou outras banalidades totalmente prescindibles en época de crise.
Dende o BNG finalizan anunciando que elaborarán un dossier completo que remitirán a Augas de Galicia para se tomen medidas eficientes que rematen con esta sucesión de verquidos contaminantes nun entorno de gran valor natural como o río Loira e o seu entorno.
Marín, 8 de setembro de 2014