Carreira Pinga Pinga: Por que non se chegou a un acordo antes?

22089742_1225065620973603_6154250954004143208_n
O BNG coa Carreira Pinga Pinga

O BNG de Marín manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado o pasado venres día 6 de outubro, mais esiximos responsabilidades políticas pola xestión da situación.

Carreira Pinga Pinga: Por que non se chegou a un acordo antes?

O BNG de Marín manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado o pasado venres día 6 de outubro, nunha reunión á que asistiron representantes da Comunidade de Montes de Santomé, o Clube Pinarium, a S.D. Santomé e o Concello de Marín, que permitiu desbloquear unha lamentábel situación que nunca se debeu producir e propiciar que neste ano 2017 poidamos gozar dunha nova edición da Carreira Pinga Pinga, que chega a súa oitava edición.

    Desde o BNG de Marín queremos manifestar que sen a presión social este acordo non se tería acadado, e a Carreira Pinga Pinga, cando menos este ano, non se tería celebrado. Entre toda a masa social que manifestou explicitamente o seu respaldo a este evento deportivo durante todos estes días pasados está o BNG, quen desde os comezos desta Carreira sempre amosou o seu apoio a esta proba, como non podía ser doutro xeito, e nas últimas semanas as nosas actuacións contribuiron á solución deste absurdo problema, que manchou o nome de Marín.

    O BNG de Marín quere agradecer a todas as persoas e entidades que durante estas semanas manifestaron o seu apoio á Carreira Pinga Pinga o seu posicionamento claro e firme en defensa deste evento deportivo, pois sen a gran presión social que se xerou este ano non se tería celebrado.

    Cómpre salientar que o goberno municipal moveu ficha finalmente tan só por medo ás consecuencias que a suspensión desta proba deportiva podía traer. O goberno municipal en todo momento mirou para outro lado, agardando que as cousas se arranxaran soas, e non interviu cando tiña que facelo para garantir a celebración da carreira coincidindo coa Festa da Mazá e da Sidra, como sempre se viña facendo.

    Á vista dos feitos está que o acordo non foi tan difícil de acadar, e chegouse sen moitos problemas a unha solución razonábel que satisfai a todas as partes. Por que a Sra. Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes non actuaron antes?

    Desde o BNG insistiremos no Pleno desta semana na petición das dimisións dos Sres. José Cidrás e Antonio Traba, e na reprobación da Sra. Alcaldesa, María Ramallo, pois coa conclusión deste acordo aínda nos vemos máis lexitimados/as. A situación creada foi vergonzosa e a súa xestión nula, amosando unha inacción e incompetencia que a sinatura do acordo non fai senón deixar en completa evidencia. O goberno municipal tan só se moveu ante a enorme presión social e ante o temor ás consecuencias que podía traer a non realización da proba deportiva.

    Por último, desde o BNG desexamos que esta VIII edición da Carreira Pinga Pinga, que este ano celebrarase no mes de novembro, sexa todo un éxito e agardamos que coa sinatura do acordo non se volten repetir no futuro situacións vergonzosas como as que vivimos este ano.

Carreira Pinga Pinga: Por que non se chegou a un acordo antes?