O BNG Informa - O BNG Escoita
Rogos e Preguntas presentadas polo Grupo Municipal do BNG no Pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado día 11 de outubro:
- Contedores rúa Dr. Touriño: Solicitamos o seu adecentamento e preguntamos: Por que motivo se mudou a súa localización?
- Teoira: Trasladamos unha demanda veciñal consistente na solicitude de instalación dalgúns bancos na zona para que a veciñanza poida sentar.
- Nave Deportes Náuticos: En que estado se atopa o tema?
- Edificios Méndez Núñez: Alegrámonos que o Concello tivera en conta as nosas advertencias para garantir a seguridade dos peóns, mais non hai ningunha posibilidade de realizar unha actuación nestes edificios en mal estado que non sexa o seu derrubo?
- Radioloxía: Segundo a información da que dispoñemos, o que nos respostou a Sra. Alcaldesa no pasado Pleno non era certo. O Centro de Saúde dispón do espazo e das instalacións axeitadas para que o Servizo de Radioloxía poida funcionar. Trasládase a seguinte pregunta: Que xestións levou a cabo a Sra. Alcaldesa desde o anterior Pleno para poder dispoñer do prometido servizo de Radioloxía?
- Ambulancia 24 horas: Que xestións levou a cabo nos últimos tempos a Sra. Alcaldesa para que Marín poida dispoñer do servizo de ambulancia as 24 horas?
Se tes calquera tipo de solicitude, rogo, pregunta, reclamación ou queixa non dubides en poñerte en contacto co BNG de Marín. Daremos traslado ao Pleno da Corporacion Municipal das túas demandas.