O BNG de Marín completa unha profunda renovación
No pasado mes de agosto tivo lugar a Asemblea Local da que saiu o novo Consello Local da nosa organización, e na que se noumeou a Xurxo Agra do Pazo como Responsábel Local.
No pasado mes de agosto tivo lugar a Asemblea Local da que saiu o novo Consello Local da nosa organización, e na que se noumeou a Xurxo Agra do Pazo como Responsábel Local, dacordo co proceso posto en marcha coa Asemblea Nacional do BNG celebrada os pasados 25 e 26 de marzo na cidade de A Coruña.
Dacordo co establecido, unha vez celebrada a Asemblea Nacional procederiase a escoller novos Consellos Locais e Comarcais. No caso da nosa localidade, como acabamos de indicar, este proceso de elección do novo Consello Local tivo lugar no pasado mes de agosto.
O novo Consello Local amosa unha fonda renovación no seo da nosa organización, deixando como resultado un Consello Local que combina a presenza dun bo número de militantes novos/as coa participación de militantes con moita experiencia. A persoa que ocupará o cargo de Responsábel Local nesta nova andaina será Xurxo Agra do Pazo.
O BNG de Marín inicia un tempo novo, produto dunha importante renovación interna. Un grupo de persoas con moita forza, vontade, ilusión e optimismo asume as rendas da organización local, coa mira posta en revitalizar internamente a organización, tratando de construir un BNG dinámico, vivo e participativo, e mantendo un intenso e permanente contacto coa veciñanza e as entidades sociais.
Nesta nova etapa que iniciamos, o BNG de Marín agarda ser un instrumento útil para a veciñanza de Marín, un proxecto necesario para construir un Marín mellor e con futuro. Apostamos por escoitar á veciñanza trasladando unha mensaxe e imaxe en positivo, aspirando a converter ao BNG na alternativa ao PP.
Marín merece algo mellor, non podemos conformarnos cun goberno municipal cuxos principais "éxitos" son produto do goberno bipartito (PXOM e Centro de Saúde), e que se limita a xestionar, con maior ou menor acerto, asuntos menores, mentres mira para outro lado cando se trata de afrontar os problemas importantes de Marín (Radioloxía, ambulancia, declive do porto pesqueiro, perda de poboación…).
Marín precisa un goberno forte, con ideas propias e ganas para levalas a cabo, un goberno dinámico e con propostas de calado que permitan sacar a nosa vila do letargo no que se atopa. Cómpre rachar a dinámica que está a facer de Marín unha cidade pantasma, un barrio dormitorio de Pontevedra. E aí estará o novo BNG de Marín.
A continuación facemos pública a relación de membros que conforman o Consello Local do BNG de Marín:
1. Xurxo Agra do Pazo
2. Sabela González Santiago
3. Celso Xavier Milleiro Sánchez
4. Lucía Santos Omil
5. Xavier Aboi Pérez
6. Cristina Sobral Villanueva
7. Xoán Daniel Rosales Rivas
8. Iria Aboi Ferradás
9. Xaime Santomé Paz
10. Lorena Martínez Fernández
11. Xosé Ferradás González
12. Begoña Laz García
13. Anxo Piñeiro Fernández
14. Pamela Martínez Cortegoso