MOCIÓN URXENTE RELATIVA AO INCUMPRIMENTO DAS CONDICIÓNS DA OFERTA DA EMPRESA EULEN S.A RECOLLIDAS NO
O Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción relativa ao incumprimento das condicións da oferta da empresa EULEN S.A recollidas no contrato polo que resultou adxudicataria da limpeza de edificios e instalacións dependentes do concello de Marín , para o seu tratamento, pola vía de urxencia, polo Pleno da Corporación Municipal,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A finais do ano 2011 o actual goberno do PP inicia os trámites dun novo concurso para a adxudicación da Limpeza de Edificios e Instalacións Municipais, despois de que a anterior empresa adxudicataria renunciase á prorroga do contrato
Os pregos contan dende o inicio cos informes desfavorables de Secretaría e Intervención, polo que o goberno local decide envíalos á Deputación para que tamén informe. Finalmente o goberno do PP leva o concurso ao pleno por urxencia en marzo de 2012 con informes desfavorables.
Xa en plena mesa de contratación, a anterior empresa concesionaria, informa de que o número de traballadores que recollen os pregos e os que en realidade ten a empresa, non coínciden. En consecuencia o concurso queda suspendido por decisión da Secretaria Municipal e o goberno municipal ten que iniciar todo de novo.
A segunda intentona comeza a finais de 2013. Neste tempo o técnico nomeado pola Alcaldía resulta imputado no caso Pokémon, e o BNG demanda publicamente que sexa apartado da mesa de contratación, mais a Alcadía decide mantelo ao tempo que contrata a unha empresa privada tamén para a redacción dos pregos.
O proceso alóngase até marzo de 2014 cando se publica no DOG a licitación do novo concurso. Mais as sospeitas seguen sobre un expediente no que o técnico imputado segue a firmar os informes e o estudo económico financeiro encargáselle á Deputación.
O proceso alóngase até marzo de 2014 cando se publica no DOG a licitación do novo concurso. Tras a axudicación definitiva en agosto de 2014 a empresa adxudicataria resulta ser EULEN mais, a só dez minutos de pecharse o prazo de periodo de alegacións, a anteriot adxudicataria presenta un recurso. Automaticamente a axudicación queda paralizada, e o que é mais grave, os infomes de Secretaría afirman que o recurso está fundamentado e dalle a razón: a mesa de contratación, da que forma parte a propia alcaldesa, outorgoulle o concurso a EULEN sen cumprir co prego. Literalmente o informe recolle el desglose exigido en el apartado 9.2.1 del Pliego de Claúsulas Administrativas Particulares no se incorpora a la oferta presentada por EULEN S.A en el sobre C, por lo que se considera que dicha oferta inclumple tal requisito
O recurso foi resolto polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais o cal estimou falta de lexitimación asegurando que a empresa pretendía anular todas as ofertas no seu conxunto, cando varias delas son totalmente válidas e levanta a suspensión da adxudicación.
O 16 de xaneiro Eulen asina o contrato. Tal e como figura no prego de prescripcións técnicas no relativo ao persoal, a empresa adxudicataria se subrogará na posición de empresas anteriores, a tenor da legalidade vixente. Ademais, no prazo dun mes desde o incio do contrato, o adxudicatario entregará ao servizo de inspección e control municipal, a relación nominal do persoal ao seu servizo, con expresión de seu lugar e horario de traballo, a fin de que quede constancia que a distribución horaria e zonas de traballo se axustan ao establecido pola propia empresa na súa oferta.
E o prego de cláusulas adminstrativas no seu punto 27.3 recolle que o adxudicatario deberá cubrir inmediatamente, e comunicarlle ao Concello, dentro da primeira semana en que se produza, calquera variación no persoal asignado, con motivo de baixas, vacantes, etc. Se nos 10 días posteriores o Concello non comunica a súa non conformidade, entenderase que o acepta.
E continúa: En todo caso, deberá manter, polo menos, o mesmo número de persoas que o ofertado polo adxudicatario para o servizo, e deberá cubrir as vacantes que por calquera motivo se produzan.
A pesar de todo o exposto, o día 29 de xaneiro de 2015, 14 días despois de que Concello e a empresa EULEN S.A asinasen o contrato, e de que, tal e como exixe o prego, subrogase a todos(as) os traballadores, o único traballador con categoría de ESPECIALISTA recibe carta de despido en base a que (citamos literalmente): Con esta medida se redistribuyen las funciones, se optimizan los procesos de trabajo y se reequilibran los costes de explotación de este servicio, manteniendo la competitividad de la empresa.
Con la amortización de su puesto, los costes del servicio quedarán evidentemente reducidos, sin perjuicio de mantener una gestión eficaz y seguir disponiendo de un adecuado servicio y atención al cliente. Con esta medida se conseguirá eliminar sobredimensionados costes estructurales, optimizando en defintiva los recursos disponibles.
Eulen dispone en la plantilla de limpieza de Especialistas que pueden asumir parte de los trabajos que ahora mismo usted lleva a cabo.
Las labores que tiene asignadas, pueden ser desempeñadas por el peón especialista o incluso una limpiadora de otro centro de este servicio.
E a cousa non queda aquí xa que, a día de hoxe, temos coñecemento dun novo despido dentro da plantilla sen lle ser comunicado ao Concello e sen que este amosase a súa aceptación.
Polo tanto solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte
ACORDO
Instar á Alcaldía a que, en base ás súas potestades de inpección, dirección e sanción, obrigue á empresa EULEN S.A a cumprir coas obrigas do contrato asinado co Concello de Marín, e a que repoña no servizo ao especialista subrogado e a día de hoxe despedido.
A portavoz municipal,
Pilar Blanco López
Marín, 13 de febreiro de 2015