Alegacións ao proxecto para Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos
O Grupo Municipal do BNG de Marín, e na súa representación, a portavoz, Pilar Blanco López, presenta as seguintes alegacións ao proxecto para Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos,
O mércores 11 de xuño o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba o anuncio do Concello de Marín polo cal se expón ao público o proxecto para o Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos, redactado polo arquitecto don Francisco Márquez Taín.
O 3 de outubro de 2013, o goberno local anunciaba un investimento de 102.000, para a remodelación do acceso principal á Praza de Abastos e o seu entorno na rúa Exército e Mariña. Daquela a alcaldesa afirmaba que era pronto para concretar o que se ía facer e que se calculaba que a final de ano (2013) ser remataría o proxecto e se elaborarían os pregos para a licitación e probablemente a principios de 2014 iniciaríanse os traballos.
Cinco meses máis tarde, o 17 de febreiro de 2014, e con motivo da Mesa Local de Comercio, o goberno do PP anunciaba que a reforma urbana prevista para a rúa Exército e Mariña e o entorno da Praza de Abastos, supoñía a eliminación de 37 aparcamentos nesta zona.
En palabras da alcaldesa, a finalidade era ganar espacio para la movilidad de los peatones y mejorar el acceso al mercado. Ademais engadía que a actuación estaba vinculada á remodelación da rúa Almuíña e contemplaba a posibilidade de volver a implantar o dobre sentido da circulación rodada en Exército e Mariña.
Seis días mais tarde, o 23 de febreiro, a delegada de Comercio, Cristina Acuña, anunciaba que o goberno local decidira finalmente non suprimir prazas de aparcamento na rúa Exército e Mariña, e que mantería o sentido único do tráfico tal y como está ahora.
A pesar dos nove meses transcorridos dende o anuncio das obras por parte do goberno local, a día de hoxe a maioría dos concesionarios/as da Praza de Abastos non recibiron explicación algunha sobre a intencionalidade final do proxecto por parte do goberno local .
Os membros do Grupo Municipal do BNG, respondendo ás preguntas e á falta de información dos traballadores e traballadoras da Praza de Abastos, mantivo dúas reunións durante as cales se recolleron dúbidas e propostas que recollemos a través das seguintes alegacións:
1.- A memoria do proxecto recolle no apartado antecedentes e datos generales que se ordenara el espacio público de forma que sea posible la circulación rodada en ambos sentidos de la Avd. De Ejercito e Marina.
Ademais no apartado descripción de la propuesta recóllese:se mantiene el ancho de vía actual regularizada a 6,50 metros, con lo que se mantiene la actual organización del tráfico ( circulación en un sentido + aparcamiento en linea a un margen del vial), o bien puede establecerse la circulación en ambos sentidos.
O Grupo Municipal do BNG, despois de manter dúas reunións cos concesionarios e traballores/as da Praza de Abastos, e sempre tendo en conta as súas propostas, demanda que se elimine de xeito definitivo o dobre sentido de circulación neste tramo, ordenando o espazo resultante delimitando as prazas de aparcamento.
2.-Dentro da Memoria descritiva e xustificativa do proxecto Acondicionamento acceso principal á Praza de Abastos e no apartado Descripción de la propuesta, recóllese: se establece un itinerario peatonal adaptado que resuelve la continuidad del itinerario existente de la Avd. Ejercito e Marina en el frente del edificio del mercado.
Unha das maiores preocupacións dos concesionarios da Praza de Abastos é a escaseza de prazas de aparcamento no entorno do edificio. En relación con isto amósanse contrarios á eliminación das prazas existentes, en concreto, no tramo norte deste itinerario.
O Grupo Municipal do BNG demanda a busca de unha alternativa que evite a supresión de estas prazas de aparcamento.
3.- Dentro do apartado Descripción de la propuesta recóllese: con el objeto de mejorar la capacidad del espacio servidor para carga y descarga se reordena el ámbito de intervención, estableciendo una zona exclusiva de carga y descarga para 16 vehículos tipo furgonetas de hasta 5 metros de largo, siendo para diez de ellos en zona de muelle.
Con respecto a esta zona chamada de carga e descarga o proxecto non aclara os seguintes aspectos:
- A esta zona teñen que acceder as mercadorías que se transportan en distintos tipos de vehículos, moitos deles tipo camión que exceden en moito as medidas de vehículos recollidas no proxecto.
- A zona que o proxecto denomina de muelle coincide co itinerario peatonal.
- As zonas de carga e descarga están reguladas pola Ordenanza Municipal de Tráfico que establece tanto a forma de uso como horarios.
O Grupo Municipal do BNG, sempre de acordo coa maioría dos concesionarios/as e traballadores/as da Praza, demanda:
1.- Que se re-deseñe o proxecto de xeito que esta zona de carga e descarga poidan acceder os distintos tipos de vehículos que dan servizo á Praza de Abastos.
2.- Que se recolla no proxecto a incompatibilidade da zona de muelle co uso de itinerario peonil durante o horario de Praza.
3.- Que se estableza un horario da zona de carga e descarga adaptado as necesidades dos concesionarios/as e traballadoras e traballadores da Praza.
Ademais das alegacións anteriores SOLICITAMOS
Que, durante o período que teñan lugar as obras, estas se realicen fóra do horario de funcionamento da Praza de Abastos para non entorpecer o mesmo.
Asinado,
Pilar Blanco López
Marín, 23 de xuño de 2014