Ramallo oculta información transcendental sobre o PXOM
Una sentenza anula parte do plan aprobado en 2012 pola Xunta do PP
Segundo puido saber o BNG, unha senteza que anula parte do articulado da normativa do PXOM aprobado en 2011 pola Xunta de Galicia, e baixo o mandato da alcaldesa do PP, María Ramallo, entrou por rexistro no Concello o día 4 de agosto.
A sentenza anula varios artigos do PXOM, en concreto os que regulan a instalación de telefonía móbil, despois de que o Tibunal Superior de Xustiza de Galicia admitise o recurso interposto por Vodafone, e anule parte do articulado correpondente a instalación das antenas de telefónia mobil no noso concello.
Preguntámonos a que espera a alcaldesa para reunir a todos o portavoces municipais e informar da trascendencia desta sentenza que afecta ao documento urbanístico máis importante do Concello, e que foi sempre tratado coa máxima transparencia dende os gobernos anteriores, e durante o longo e laborioso proceso que supuxo a tramitación deste documento que lle afecta a toda a cidadanía de Marín, afirma o concelleiro do BNG e ex delegado de Urbanismo, Xosé María Vilaboa.
O máis grave de todo este asunto, o que non se pode tolerar, é que a alcaldesa lle estea ocultando información ao resto de grupos políticos, e o que é peor, ao pobo de Marín. Isto fainos sospeitar que probablemente non sexa esta a única ameaza que pende sobre o PXOM e preguntámonos que máis esconde a señora Ramallo, engade o concelleiro nacionalista.
A transparencia da que tanto alardea a alcaldesa simplemente non existe, e como mínimo debería ter xa informado para decidir o que se vai facer con respecto a este e outros recursos que poidan prosperar.
A falta de criterio no departamento de Urbanismo pon en risco a iniciativa emprendedora no concello
Xosé María Vilaboa chama tamén a atención sobre a parálise do PXOM e a falta de criterio a hora de tramitar as licenzas dentro do departamento de Urbanismo que dirixe Manuel Santos Costas: Temos un plan aprobado o cal debería permitir axilizar todos os trámites relaccionados coas licenzas urbanísticas. Sen embargo observamos como se pon en perigo a iniciativa emprendedora dos veciños que, cumprindo coa lei, diríxense ao departamento de Urbanismo no cal se lles aconsella mal e logo, cando chegan os problemas, o señor delegado Santos Costas, , inhíbise de toda responsabilidade botándolle a culpa á Xunta, a Patrimonio ou a calquera outro organismo que se poña por diante. Ao final, quen paga esta falta de criterio no proceder das licenzas, son aquelas persoas que arriscan o seu patrimonio para poñer en marcha calquera iniciativa que poida permitirlles ir tirando obrigados pola falta de emprego, finaliza Vilaboa.
Marín, 19 de agosto de 2014