O BNG insta ao Concello a habilitar unha oficina de atención aos prexudicados polo corte de enerxía
1.- Instamos ao Goberno Local ha crear unha oficina para a tramitación de todas as reclamacións de particulares ante Gas Natural polos danos producidos pola falta de subministro durante a xornada do día 28 de marzo.
2.- Dado o alto número de afectados, o Concello de Marín solicitará da Xunta que desprace persoal do Instituto Galego de Consumo para atender e asesorar esas reclamacións.
3.- O Concello facilitará todos os medios posibles para o axeitado funcionamento deste punto de información e asesoramento que será totalmente gratuíto.
4.- Todos os veciños e veciñas Terán a posibilidade de informarse e tramitar as súas reclamación a través deste servizo. A oficina tramitará as reclamacións e encargárase ademais de escanear a documentación e facturas que aporte cada afectado, preparando o expediente de reclamación.
5.- A delegada de Comercio, coordinará persoalmente este servizo.