O BNG demanda até 17 actuacións na parroquia de Mogor
A maioría correspóndense a actuacións básicas que revelan a falta de atención por parte do goberno local
A portavoz do Grupo Municipal do BNG no concello de Marín, Pilar Blanco ven demandando, tanto no Pleno da Corporación como nas correspondentes Comisións Informativas, diversas actuacións na parroquia de Mogor que dependen do correcto funcionamento dos servizos municipais e da debida atención por parte do concelleiros e concelleiras do goberno local.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Marín ven facendo un constante labor demandando do goberno local atención ás parroquias do rural. É evidente que os servizos e melloras nas nosas parroquias non son unha prioridade para o goberno local do PP.
Moitas das actuacións que demandamos e que pasamos a enumerar xa foron aprobadas en pleno ou expostas nas comisións de Medio Ambiente, Turismo ou Medio Rural, mais seguen sen atendense por parte do goberno do PP, indica a concelleiras nacionalista.
Abandono de áreas recreativas e espazos públicos
O estado no que se atopan a zona recreativas das Teixugueiras, onde a maleza invade as mesas e asadoiros despois de tres anos sen ningún tipo de actuación por parte do Concello revelan ademais que o goberno local está a incumprir ademais a lei contra incendios forestais, afirma a edil do BNG.
O mesmo podemos dicir do Monte Mariquiña, do miradoiro do Monte de Mogor e do monte público que o redea incluído o abandonado depósito da auga e o entorno do cemiterio parroquial, así como o Montiño ou a marquesiña de autoubuses e o espazo que a rodea.
Servizo de recollida de lixo
O BNG demanda a reposición do colector de vidro da illeta principal situada na Avenida Aviador Calviño e o lavado de todos os colectores da parroquia: Hai semanas que falta un dos dous colectores de vidro que temos na travesía Aviador Calviño e a peste que desprenden algúns dos colectores de lixo evidencian que non se cumpre o lavado quincenal obrigatorio en época estival, afirma a concelleira do BNG.
Falta de servizos e mantemento tamén na Barriada de Mogor
O BNG demanda a reposición dos bancos do mirador da curva de Portocelo e a limpeza do espazo público, así como o mantemento axeitado das xardiñeiras instaladas na Barriada de Mogor e do xardín central e a instalación de novas canastras na cancha deportiva deste barrio: Os veciños demandan a instalación de novas canastras pois as actuais están tan remachadas que en calquera momento poden caír enriba dun rapaz.
Puntos de luz, bacheado e consolidación do terraplen na PO-551
O BNG demanda a consolidación do muro da PO-551 para evitar os continuos desprendementos enriba da beirarrua. Ademais o goberno local ten pendente dende hai demasiado tempo o bacheado da pista de Raposeiras e a instalación dun punto de luz no mesmo camiño e retirada do piñeiro que invade este camiño público e impidindo a iluminación do mesmo.
Outras parroquias
O BNG seguirá demandando atención ás parroquias do rural. Recentemente centramos as nosas demandas na falta de limpeza dos camiños da parroquia de San Xulián, e por fin o goberno local se dignou proceder á rozar a zona da Laxe, os Bravos, Carragal o a subida ao Lago de Castiñeiras.
Marín, 29 de xullo de 2014