O DESLEIXO DA CONCESIONARIA NON SE PODE CONSENTIR POLO GOBERNO MUNICIPAL

Exiximos a reparación da piscina municipal

piscina4
piscina4
A situación da piscina municipal é inadmisíbel, non se pode permitir o deterioro en que se atopa e demandamos solución inmediata ás deficiencias.
Exiximos a reparación da piscina municipal

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou ao goberno municipal o mal estado no que se atopan as instalacións da Piscina Municipal por falta de mantemento.

Trátase dunha serie de deficiencias como tubos de ventilación rotos, paredes esconchadas e con manchas de mofo pola humidade, tarima do chan das instalacións levantada, fendas nos cristais, cuberta da piscina oxidada e chea de manchas, duchas en mal estado cheas de óxido e que non funciona a auga quente, placas da fachada do edificio en mal estado despegadas e con risco a caer

Por todas estas deficiencias solicitamos que o goberno municipal se poña en contacto de inmediato coa empresa que xestiona o servizo da piscina municipal para que se leven a cabo todas as melloras precisas para poder ofrecer un servizo óptimo e de calidade para a veciñanza.

Durante varias ocasións, o BNG deu traslado a comisión informativa de deportes de diversas deficiencias puntuais pero non se comprende como se chegou a actual situación de estado lamentábel no que se atopa o edificio.

 

IMG-20201102-WA0014 (1)piscina1piscina2piscina3.jpbpiscina6

 

Exiximos a reparación da piscina municipal