O BNG demanda medidas de seguridade urxentes en Méndez Núñez
Desde o BNG presentamos esta mañá un escrito perante o rexistro municipal denunciando a situación dun edificio sito na rúa Méndez Núñez.
O edificio, situado a carón e á esquerda da propiedade da Asociación Cultural Santa Cecilia, presenta unhas condicións deplorábeis.
Nos últimos días cairon á rúa escombros na devandita edificación e o Concello, que ten coñecemento por denuncias efectuadas por veciños e veciñas, fixo até o momento caso omiso. Nin que dicir que a edificación pon en perigo a seguridade dos peóns que transitan pola rúa.
Desde o BNG demandamos das Autoridades Municipais que se poñan de inmediato as medidas de seguridade pertinentes para evitar danos a terceiros e que se ordene aos donos de forma urxente a execución do arranxo e/ou medidas para impedir o deterioro do edificio.