“OS PROBLEMAS DE MOBILIDADE PROVOCAN OS PROBLEMAS DE APARCAMENTO”

Propostas do Bloque Nacionalista Galego para a mellora da mobilidade en Marín

Mobilidade
Mobilidade

En dúas lexislaturas o Partido Popular non foi capaz de propoñer ou desenvolver ningunha iniciativa para solucionar os problemas de aparcamento.

 

 

Propostas do Bloque Nacionalista Galego para a mellora da mobilidade en Marín

Os problemas de mobilidade provocan os problemas de aparcamento. A falta de previsión no desenvolvemento urbanístico de Marín, e a carencia dun servizo de transporte público que comunique a vila coas parroquias, provoca na actualidade un problema de carencia de zonas de aparcamento que se ve agrabado polas obras que se están a realizar no casco urbano. En dúas lexislaturas o Partido Popular non foi capaz de propoñer ou desenvolver ningunha iniciativa para solucionar este problema.

O incremento no uso do vehículo privado nos últimos anos fai que acceder a Marín e tentar aparcar sexa unha aventura, moito máis en determinados días da semana nos que aumentan estes desprazamentos.

Porén, mais que un problema de aparcamento temos un problema de ocupación do espazo polos vehículos debido a un deseño urbano que non tivo en conta espazos para aparcar. O actual PXOM tampouco contempla alternativas para solucionar este problema.

Polo tanto urxe recuperar este espazo para as persoas e humanizar Marín. Axudaríamos deste xeito a diminuír a contaminación; e apostando polo transporte público acadaríamos unha maior eficiencia e aforro enerxético.

O goberno do PP non foi previsor ante as consecuencias de facer obras de gran envergadura de xeito simultáneo e ante o cabreo xeral optou, coma sempre, por parchear mediante a creación de aparcamentos disuasorios (leira parkins). Unha solución a curto prazo, mais non vai á raíz do problema.

A tendencia en Europa é a de mellorar a mobilidade promovendo o transporte público e limitando o uso do vehículo privado, as directivas da UE van por ese camiño e temos que comezar a adaptarnos para non chegar tarde, unha vez máis. (Taxa gasóleo, limitación do acceso dos vehículos de combustión ás cidades, etc.)

O BNG vai propoñer no seu programa electoral para as próximas municipais as seguintes medidas para mellorar a mobilidade e a calidade de vida, e levar adiante unha mellora da accesibilidade aos núcleos urbanos de Marín e Seixo:

Buscaremos a localización idonea para un aparcamento en Marín. Continuaremos coa creación de aparcamentos dusuasorios en diversas zonas de Marín e Seixo, mais con intención de darlles continuidade no tempo.

O noso modelo de cidade pasa por inverter o modelo de mobilidade actual onde a prioridade é do vehículo fronte ao peón, darémoslle a volta e o peón terá a prioridade procurando diminuír o número de vehículos en circulación.

Melloraremos o transporte público, medida fundamental para implementar unha humanización do espazo con èxito.

• Trataremos de incrementar a frecuencia e horario dos autobuses urbanos, recuperaremos o bus nocturno e cando haxa eventos e festas importantes.

• Estudaremos alternativas para mellorar a comunicación coas parroquias, e entre eles mediante o uso de liñas regulares ou a demanda. Deste xeito faremos máis fácil a vida no rural, axudando a asentar poboación.

• Demandaremos da administración autonómica unha mellora das conexións comarcais, non pode ser que non haxa ningún medio público para ir a un concello veciño como Moaña, ou que as conexións con Bueu e Cangas sexan tan deficientes.

• Buscaremos a fidelización das persoas usuarias do transporte público con tarxetas de transporte, prezos especiais para colectivos (mocidade, parados, xubilados), abaratando o prezo dos billetes.

Se algo caracteríza ao modelo de desenvolvemento dos concellos gobernados polo BNG é a humanización das vilas e cidades. O espazo debe ser para as persoas, non para os coches. Implantaremos este modelo no entorno urbano de Marín e Seixo, e nos núcleos rurais.

Avanzouse bastante na adaptación urbana en Marín para facilitar a accesibilidade a persoas en cadeira de rodas e con dificultades de mobilidade. Porén, aínda hai moito por facer. Garantizaremos a accesibilidade ás beirarrúas, ás rúas e aos edificios e equipamentos públicos, eliminando as barreiras físicas e económicas que dificultan o acceso a todas as persoas con dificultades.

Propostas do Bloque Nacionalista Galego para a mellora da mobilidade en Marín