8 de marzo: Feminismo para avanzar

53439602_2002556976460588_8524946213483577344_n
Feminismo para avanzar

O BNG de Marín fai un chamamento á participación nos actos convocados para mañá, 8 de marzo, con motivo do Día da Muller.

8 de marzo: Feminismo para avanzar

Dende o BNG de Marín temos moi claro que este 8 de Marzo as mulleres imos voltar a facer historia, porque sóbrannos os motivos para sair á rúa e secundar a folga convocada, unha folga laboral, de consumo, estudantil e de coidados de 24 h.

A desigualdade entre as mulleres e os homes está moi patente na nosa sociedade, e entre todas e todos temos que mudala, polo que animamos ás mulleres de Marín a secundar a folga, aos homes a facilitar a participación das mulleres na mesma e á veciñanza do noso concello a participar da manifestación que o movemento feminista de Marín convoca para mañá día 8 de marzo ás 20:30h. con saída desde o Concello.

8 de marzo: Feminismo para avanzar