O BNG presenta unha moción para a mellora laboral dos/as traballadores/as do Concello de Marín
Santos lembra os continuos recortes salariais como a reforma das pensións, pasando polo medre da idade de xubilación, lei mordaza, conxelación salarial, etc. Entre os afectados por estas políticas sinala ás e aos empregados públicos, sendo a Policía Local de Marín un dos colectivos máis prexudicados.
A Portavoz do Grupo Municipal do BNG, Lucía Santos Omil, presentou unha moción para paliar a situación laboral das traballadoras e traballadores municipais, que será tratada no Pleno da Corporación Municipal de mañá.
Santos lembra os continuos recortes salariais como a reforma das pensións, pasando polo medre da idade de xubilación, lei mordaza, conxelación salarial, etc. Entre os afectados por estas políticas sinala ás e aos empregados públicos, sendo a Policía Local de Marín un dos colectivos máis prexudicados.
Entre estas carencias do persoal municipal podemos mencionar:
1. Un escaso número de persoal dotado cunha dotación de 23 axentes e que os obriga, entre outros, a realizar horas extraordinarias practicamente durante todo o ano para cubrir a falla do mesmo en datas significativas. O número vai en descenso desde hai máis de 30 anos e se prevé 3 xubilacións este ano.
2. A falla de cubrir as catro vacantes e unha Comisión de Servizo para dar estabilidade á mesma.
3. O salario da dotación da Policía Local de Marín, ao igual que a do resto do Persoal, é o máis baixo da provincia de Pontevedra. A lentitude coa que o Goberno Municipal do PP aplica as actualizacións da RPT fixo que todas as organizacións sindicais con representación no Concello de Marín (CCOO, CIG, CSIF, CUT e UGT) non apoiaran a proposta salarial da Alcaldesa á Mesa Xeral de Negociación para o ano 2019. O actual Goberno Municipal pechará catro anos de xestión debendo un 40% dun complemento salarial a todo o persoal do noso Concello.
5. Desde o 2011 non se actualizan os Complementos salariais de Nocturnidade e Festividade pola negativa do Goberno Local do PP a negociar un acordo / convenio laboral.
6. A partida orzamentaria do Concello de Marín destinada á Policía Local non se gastan na súa totalidade e a praza de Inspector principal leva vacante desde hai máis de dez anos sen que o Goberno Local teña o máis mínimo interese en cubrila, para poder deste xeito desviar o gasto previsto, ao igual que outras vacantes, en conceptos como horas extras, produtividades, etc.
7. Os medios cos que conta a Policía Local son moi limitados e provoca inseguridade para o servizo que se presta, empeorando a calidade asistencial á cidadanía, e provocando unha situación alarmante ao non dispor o devandito Corpo cun vehículo adaptado para o traslado de detidos, sendo preciso requirir nese caso da Policía Nacional.
Lucía Santos afirma que a credibilidade do Goberno Municipal e da súa Alcaldesa fica entre dita cando se reúne cos sindicatos da Policía Nacional para darlle o seu apoio pola carencia de medios, mentres é incapaz de dar solucións ao seu propio Corpo Municipal de Seguridade.
Para rematar as Relacións de Postos de Traballo Municipal (RPT) xa están aprobadas, mais non se executa pola ineficacia do propio Goberno Municipal do Partido Popular de Marín que rematará con oitos anos de maioría absoluta cunha débeda do 40% dun complemento salarial acordado cos representantes do persoal e sen negociar un Acordo / Convenio para os/as traballadores/as do Concello de Marín.
Por estas razóns, e outras, solicita do Pleno:
1. O apoio da Corporación Municipal de Marín ás demandas de mellora laboral da clase traballadora do Concello de Marín, e dun xeito especial o da Policía Local.
2. Que se cubran todas as vacantes existentes no persoal dependente do Concello.
3. Que aquelas prazas que non sexan cubertas desde hai anos, exemplo: Inspector Principal de Policía Local, se transformen noutras máis necesarias dentro Corpo Policial.
4. O apoio da Corporación Municipal de Marín para que nos vindeiros anos aumente a dotación de persoal e os medios técnicos da Policía Local de Marín.
5. Que o Goberno Local cumpra os seus compromisos e promesas feitas ao persoal do Concello de Marín, e non se continúe coa política de gasto incontrolado en horas extraordinarias para cubrir a falla de persoal que se debe solucionar ofertando novos postos de traballo.
6. Que os pagos de complementos de Produtividade sexan públicos, transparentes e xustos, e se actualicen tras anos de conxelación salarial.