O PP non é quen de resolver o problema de auga de Seixo

noticia_34772_1

É unha vergoña que neste período estival onde a poboación de Seixo, Aguete, Soaxe e Montecelo medra polo turismo a veciñanza teña que padecer a deficiencia dun servizo que ten como responsábel directo non só Acuaes (Ministerio de Agricultura) senon o propio Concello de Marín.

O PP non é quen de resolver o problema de auga de Seixo

Desde o BNG queremos desmentir as palabras da Concelleira de Medio Ambiente de Marín nas que entre outras cousas afirmaba que a problemática da falta de auga ou da potencia estaba limitada á zona alta de Seixo ou pisos altos. O BNG constatou pola veciñanza que abrangue moito máis, afectando mesmo a casas sitas na estrada principal (rúa Dr. Otero Ulloa) e vivendas e pisos baixos.

É unha vergoña que neste período estival onde a poboación de Seixo, Aguete, Soaxe e Montecelo medra polo turismo teñan que padecer a deficiencia dun servizo que ten como responsábel directo non só Acuaes (Ministerio de Agricultura) senon o propio Concello de Marín onde a ineficiencia da señora Sanmartín por solventar o problema leva á veciñanza a padecer cortes de auga a presión moi baixa impedídoa a usar os aparellos do forgar como lavalouzas, lavadoras, etc.

Case oito anos de maioría absoluta non sirve nin a María Ramallo nin a Mariam Sanmartín solucionar unha problemática que dura moito tempo. Coa avaría da semana pasada púxose en funcionamento o novo abastecemento da obra realizada pola entidade estatal Acuaes aínda que só traballa para o centro da vila, mais sen solucionar o problema da parroquia de Seixo.

O Goberno Municipal de Marín non pode botar balóns fora e excusarse mirando a Pontevedra nin tampouco agardar a que arranxen as continuas avarías. O Goberno debe procurar unha solución definitiva que de servizo á veciñanza de Seixo. Desde o BNG lembramos que a parroquia tamén vive do turismo, onde hai un feixe de vivendas alugadas a turistas onde os donos se verán forzados a devolver os cartos do aluguer e os intereses polas molestias ocasionadas, quen vai compensalos por estas perdas económicas?.

O BNG presentou hai uns meses unha proposta para que a rede de auga da Escola Naval Militar podan ser usadas pola veciñanza, con isto dariase solución aos problemas non só en Seixo senón tamén na seca nas parroquia de Piñeiro e Ardán. A día de hoxe non sabemos se lles vale ou non.

Queremos lembrar á Concelleira de Medio Ambiente que é o seu deber ollar e procurar que o servizo sexa óptimo e se hai algún problema burocrático exercer a presión política necesaria, ten o deber de visualizar e vixiar con antelación que estea todo en condicións cousa que non fixo e polo tanto a nosa queixa non é baladí. Maríam Sanmartín é a responsábel de toda a problemática porque non é un problema novo, por deixación de función política e por ineficiencia manifesta.

O PP non é quen de resolver o problema de auga de Seixo