O BNG solicita melloras no lavadoiro da Pontiña, en San Xián

IMG-20180723-WA0003
Lavadoiro da Pontiña (San Xián)

As queixas veciñais sobre a situación deste lavadoiro de San Xián cando chove son numerosas tanto no que se refire ao acceso como ao estado do chan.

O BNG solicita melloras no lavadoiro da Pontiña, en San Xián

No lugar da Pontiña (O Outeiro de San Xián de Marín) existe un lavadoiro, a carón do río da Groba ou Pazos, coñecido tamén popularmente como de Ensur. As queixas veciñais sobre a situación do mesmo cando chove son numerosas tanto no que se refire ao acceso como ao estado do chan.

Este lavadoiro foi un dos poucos que non foi restaurado no período do Goberno Bipartito de Marín (2007-2011) que exerceu un importante labor na recuperación deste patrimonio arquitectónio popular, polo que cómpre que o actual Goberno Municipal actúe axiña na recuperación da construción e da cortorna deste lavadoiro.

Por todo isto, o BNG de Marín SOLICITA:

Que o Goberno Municipal de Marín recupere, rehabilite, protexa e adecente tanto o lavadoiro como os arredores do Lavadoiro da Ponteiña (San Xián).

O BNG solicita melloras no lavadoiro da Pontiña, en San Xián