O BNG presenta unha moción solicitando espazo para autocaravanas

Captura-de-pantalla-2017-09-10-00.03.23

O turismo de autocaravana é unha forma de viaxar e facer turismo en expansión, Galiza xa conta con máis de 100 puntos de servizo público para este tipo de vehículos. Marín non pode quedar ao marxe desta tendencia e debe apostar por atraer a estes visitantes.

O BNG presenta unha moción solicitando espazo para autocaravanas

O turismo de autocaravana é unha forma de viaxar e facer turismo en expansión, Galiza xa conta con máis de 100 puntos de servizo público para este tipo de vehículos. Marín non pode quedar ao marxe desta tendencia e debe apostar por atraer a estes visitantes.

O noso concello ten un evidente déficit de oferta hoteleira. Porén, podemos tomar a iniciativa para mellorar esta situación dotándonos de zonas de aparcamento para autocaravanas. Isto permitiría atraer turismo e beneficiar ao comercio e á hostalaría locais. Alén diso, dariamos a coñecer Marín nas guías, webs e foros especializados onde se promoven este tipo de aparcamentos, incrementando o interese por visitarnos.

O Concello de Marín ten que poñer da sua parte para facilitar e atraer o turismo de autocaravanas, por iso propoñemos que Marín se dote de dúas zonas de aparcamento para estes vehículos dotadas dos servizos necesarios, como o subministro de auga e infraestrutura para desfacerse dos residuos líquidos e sólidos.

Unha localización a estudar debería ser no entorno das praias, a outra podería estar na zona de Castiñeiras. Atenderíamos por unha banda a demanda do turismo de sol e praia, e por outra aos visitantes que buscan outro tipo de lecer máis ligado á natureza e ao turismo histórico arqueolóxico. Castiñeiras e o seu entorno teñen un grande potencial medioambiental e patrimonial que debemos promover desde a administración local, contando sempre coas comunidades de montes propietarias dos terreos.

Estas actuacións deberían ir acompañadas dunha campaña de promoción destas instalacións a nivel galego, estatal e europeo. Viaxar en autocaravana é unha das formas mais habituais de desprazarse en moitos países europeos, como a Franza ou Alemaña, e cada vez é mais normal ver este tipo de vehículos polas nosas estradas. Temos aquí un potencial mercado onde dar a coñecer Marín.

Por todo isto,

SOLICITA

  1. Iniciar os trámites e estudos necesarios para a implantación de zonas de aparcamento para autocaravanas no entorno das Praias e no entorno de Castiñeiras.

  2. Solicitar o asesoramento da Asociación Galega de Autocaravanas para a creación das devanditas zonas de aparcamento.

  3. Promover e dar a coñecer estas zonas de aparcamento de autocaravanas.

O BNG presenta unha moción solicitando espazo para autocaravanas