O BNG demanda actuacións na rúa do Sol perante o tráfico existente nunha zona peonil

IMG-20200201-WA0010
Rúa do sol

Dende o BNG denunciamos a falta de actuacións na rúa do Sol por parte do goberno municipal, nunha vía peonil dende o ano 2012.

O BNG demanda actuacións na rúa do Sol perante o tráfico existente nunha zona peonil

Dende o BNG denunciamos a falta de actuacións na rúa do Sol por parte do goberno municipal, nunha vía peonil dende o ano 2012.

A rúa está incluída no plan ARELA, proxecto para a mobilidade e accesibilidade e renovación do casco histórico de Marín. Dende os primeiros días non se cumpriu a sinalización de dirección prohibida, pasando coches a todas as horas, incluso aparcando en dobre fila, atrancando as entradas dos garaxes e provocando problemas cos repartidores que non poden facer uso da zona de carga e descarga para subministrar aos comercios da zona.

Esta situación fai latente a problemática desta rúa que afecta aos residentes e aos comerciantes e disto van xa 8 anos.

O BNG ten claro que este modelo de “mobilidade” inventado polo PP de Marín e María Ramallo non resulta efectivo, xa que hai alternativas para solucionar dito problema.

 

O BNG demanda actuacións na rúa do Sol perante o tráfico existente nunha zona peonil