O BNG denuncia irregularidades nos trámites de pagos do Concello

53588149_1643533429126818_4528469871721185280_n
Lucía Santos - Portavoz Muncipal do BNG

No pleno do pasado 13 de febreiro o BNG deixou en evidencia as continuas irregularidades dos pagos efectuados polo concello cun importe total de 417.018,87 € nun total de 275 facturas.

O BNG denuncia irregularidades nos trámites de pagos do Concello

No pleno do pasado 13 de febreiro o BNG deixou en evidencia as continuas irregularidades dos pagos efectuados polo concello cun importe total de 417.018,87 € nun total de 275 facturas. A Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, acusou ao Concelleiro de Facenda, Manuel Santos, de mentir na Comisión Municipal de Facenda cando comentou que non tiña ese día (5 de febreiro) documentación sobre a proposta do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito para facer fronte ás devanditas facturas.

O BNG demostrou que mentía pois a documentación foi presentada por rexistro telemático o día 4 ás 00:00 h. O señor Santos fixo que por vez primeira non se debatera un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito nunha Comisión de Facenda, nin ordinaria nin extraordinaria.

Pasada a Comisión, remítese a documentación o día 6, pero sen poder exercer, por tanto, as preguntas pertinentes.

O día 12 de febreiro, 24 horas antes do Pleno, se enviou modificacións substanciais da información remitida anteriormente.

O señor Santos e a señora Ramallo queren aprobar pagos irregulares pola porta traseira e sen debate sobre os mesmos. E isto porque cada vez son maiores as contas que se realizan saltándose a legalidade vixente, así se no 2016 aprobábanse neste período pagos por 250.000 € estes foron “in crescendo†cada ano até chegar a sobre pasar os 420.000 €, é dicir en 4 anos incrementouse nun 70% as débedas por procedementos de pagos improcedentes.

Ademais, o BNG protestou porque neste último Recoñecemento Extraxudicial de Crédito se aprobaran os pagos dunha factura do 2018, 8 do 2017 e 3 do 2016.

O que está acontecendo foi confirmado polo propio Interventor Municipal cando alegou no seu informe que: “as irregularidades advertidas ao longo do informe e que teñen a ver máis co xeito en que foron efectuadas as contratacións que coa súa aprobación nestes intres†.

Entre as obras afectadas por estas irregularidades está as do ascensor exterior do edificio do Museo Municipal Manuel Torres, cun montante superior aos 25.000 € e que foi incluído no Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por mor dunha Realización de obras sen aportar proxecto, nin orzamento das obras nin informe de Supervisión.

En Marín, en vez de diminuír estes Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito, medran ano tras ano. Vanse creando vicios aos que o señor Santos e a Señora Ramallo consenten, agochan e son aprobados pola porta traseira, e se fai falla méntese.

 

O BNG denuncia irregularidades nos trámites de pagos do Concello