O BNG parabeniza ao IES Illa de Tambo polo éxito na Abau
O grupo municipal do BNG manifestou que "estamos orgullosas do éxito acadado polo IES Illa de Tambo. Este resultado evidencia que o ensino público galego ten a capacidade de preparar ao alumnado para os retos do futuro”
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) felicita ao Instituto de Educación Secundaria Illa de Tambo polo seu notable desempeño na Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). O centro acadou unha media superior a 7 na fase xeral da proba, situándose entre os 85 colexios e institutos galegos que superaron esta barreira.
A ABAU é un exame crucial para o alumnado galego, xa que os seus resultados determinan o acceso á universidade. Conseguir unha media superior a 7 na fase xeral, que inclúe cinco materias obrigatorias, é un indicador significativo da calidade educativa do centro.
O BNG quere recoñecer o esforzo e a dedicación do alumnado, profesorado e todo o persoal do instituto, destacando así a calidade do ensino público. O grupo municipal do BNG, manifestou que "estamos orgullosas do éxito acadado polo IES Illa de Tambo. Este resultado evidencia que o ensino público galego ten a capacidade de preparar ao alumnado para os retos do futuro."
Este logro non só recoñece o esforzo e dedicación da comunidade educativa, senón que tamén reflicte a capacidade do sistema educativo público para ofrecer unha formación integral e de alto nivel. "O noso ensino público é un piar fundamental para garantir un futuro brillante para os nosos mozos e mozas," engadiron as persoas concelleiras do BNG.
O BNG continuará apoiando e defendendo a educación pública galega, traballando para que todos os centros educativos conten cos recursos necesarios para seguir ofrecendo unha educación pública de calidade.