O BNG denuncia o mal estado da zona de xogos do paseo Alcalde Blanco
A voceira do BNG, Lucía Santos, denuncia o notable deterioro que experimentou a remodelación do Paseo Alcalde Blanco e presenta propostas de medidas preventivas.
Dende a inauguración da remodelación do Paseo Alcalde Blanco en xullo do 2022, o BNG expresou en varias ocasións a súa preocupación polo deterioro das zonas de madeira.
Nunha nova ocasión, a voceira do BNG, Lucía Santos, informou á Comisión de Urbanismo sobre o estado crítico da área de xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco, onde as láminas de caucho que cubren o circuito de xogos estánse despegando en varios puntos.
Santos declarou que “é inaceptábel o estado de deterioro do circuito de xogos tan só un ano despois da súa inauguración” e engade que “esta é a segunda vez que sinalamos esta problemática dende a súa inauguración.” En setembro do 2022, uns meses da súa apertura, o BNG xa alertara do mal estado do pavimento nos xogos de auga.
A voceira do BNG subliñou que “non é normal investir máis dun millón de euros na remodelación dun espazo e en tan pouco tempo presente semellante estado de deterioro”, calificando a xestión do goberno do PP como “unha auténtica chapuza” na execución dos seus proxectos.
Ademais, Lucía Santos propuxo que se estude a posibilidade de desmontar as cinco pezas que configuran o circuito de xogos de auga e almacenalos durante os meses de inverno. Esta medida evitaría o desgaste das mesmas ao protexelas das inclemencias metereolóxicas.
O BNG insta ao goberno local a tomar medidas para garantir a conservación deste espazo público e a considerar seriamente as propostas de mantemento preventivo.