O BNG apoia o paro de frota e o marisqueo

185496970_2825321804400085_2714905597906207284_n

O Consello Comarcal do BNG do Morrazo acordou apoiar o paro da frota e do marisqueo a pé convocado pola Federación Galega de Confrarías para o vindeiro venres, 14 de maio, ás 12.00 horas do mediodía, en protesta pola imposición do novo regulamento de control da actividade por parte da Unión Europea.

O BNG apoia o paro de frota e o marisqueo

Nesa xornada, cada confraría (ou confrarías, de xeito agrupado) realizarán concentracións de embarcacións pesqueiras, así como de mariñeiros e mariscadoras/es nas dársenas portuarias, momento en que se realizará unha pitada colectiva das embarcacións pesqueiras.

Para o BNG a aprobación do Regulamento de Control da Pesca no Parlamento Europeo é unha mostra máis o descoñecimento e lonxanía que ten a UE do sector pesqueiro galego, con decisións que supoñen un agravio para a nosa frota, alonxadas da realidade do sector e desproporcionadas. Para o BNG, os Gobernos non defenden ao sector galego en Bruxelas, pois debían de terse anticipado a unha regulación que supón na práctica sumar perxuizos aos que xa sofre a frota galega, no reparto de cuotas e TACs.

Dende o BNG consideramos que a obligatoriedade de que se lle vaia a esixir ao segmento de frota artesanal o diario electrónico a bordo e a súa transmisión, é na práctica algo moi gravoso para a pesca e o marisqueo, porque supón unha carga desproporcionada para os barcos e a súa capacidade de faenar. Chamamos a unha revisión, para que o Goberno Galego e o Goberno do Estado esixan en Bruxelas que a presentación dos datos de capturas en formato impreso poida seguir sendo posible, como alternativa, para os buques pesqueiros de eslora total inferior a 12 metros e que Galiza exerza as súas competencias proprias en materia pesqueira rexeitando esta imposición.

O Bloque lembra que dende que foi presentada a proposta da Comisión Europea criticou duramente a proposta do diario electrónico para a pesca artesanal, a xeolocalización e a de instalación de cámaras nas embarcacións para controlar a obriga do desembarque das capturas. O BNG manifesta a súa oposición á videovixilancia, considerándoa unha medida excesivamente invasiva pois na UE están máis preocupados en lexislar que en saber como son as condicións de traballo dun sector tan duro como o pesqueiro”

Non máis imposicións dende a UE de máis trámites administrativos aos mariñeiros nin de medidas que son alleas a realidade do sector pesqueiro galego!

Retirada inmediata da proposta de modificación do Regulamento de Control da Pesca CE Nº 1224/2009!

O BNG apoia o paro de frota e o marisqueo