Galiza Nova denuncia unha nova agresión fascista en Pontevedra

galiza-antifascista
galiza-antifascista

O compañeiro do BNG de Marín, Pablo Blanco, foi vítima dunha agresión fascista na cidade de Pontevedra polo simple feito de vestir unha camisola coa bandeira galega.

Desde o BNG de Marín tan só queremos engadir unha evidencia. A ultradereita avanza en toda Europa. No Estado español os e as responsábeis deste avance son os sectores da dereita quen levan anos avivando as lapas do odio e da intolerancia cos seus discursos agresivos contra os dereitos dos pobos, dos migrantes, das mulleres, dos colectivos LGTBI... Mais non nos van calar!
Galiza Nova denuncia unha nova agresión fascista en Pontevedra

A pasada noite, o noso compañeiro Pablo Blanco, foi vítima dunha agresión fascista cando andaba polo rúa na cidade de Pontevedra. Ao lonxe, un grupo de rapaces entre 20 e 25 anos atacaron ao compañeiro, correndo cara el e dándolle patadas ao berro de “isto é España”. Cal foi o motivo? Vestir unha camisola coa bandeira da nosa patria, expresar públicamente a súa ligazón a Galiza na busca da mellora das condicións materiais de vida das clases populares galegas.

O compañeiro Pablo foi atacado e rodeado por este grupo de fascistas, e grazas a outro grupo de rapaces e rapazas que pasaban por alí, puido librarse dun peor desenvolvemento dos acontecementos.

Dende Galiza Nova denunciamos e rexeitamos a agresión e denunciamos a impunidade coa que actúan estes grupúsculos, avivados polos medios de comunicación do estado español, co seu discurso antiindependentista e propagador do odio ao diferente.

No 40 aniversario da constitución española afirmamos que o franquismo nunca se foi, e que levamos 80 anos de franquismo de facto. O nacionalismo e o indepentismo galego témolo claro, o único camiño é a ruptura do estado español, a creación dunha República Galega ao servizo das clases populares galegas. Desde Galiza Nova traballamos pola construción desta República Galega, social e democrática, que desterre o fascismo das nosas vilas, cidades e rúas, unha República Galega onde polo simple motivo de levar camisola coa bandeira da liberación da Galiza, non che den unha malleira pola rúa. Organicemos o antifascismo galego, construamos un futuro mellor para a nosa terra. Por nós e para nós, República Galega.

Galiza Nova denuncia unha nova agresión fascista en Pontevedra