O BNG solicita a limpeza dunha vivenda abandonada nas Sete Espadas
Lucía Santos afirma que “a veciñanza leva meses solicitando, sen éxito, ao goberno municipal unha actuación de desbroce e limpeza do lugar, xa que se atopa nun lugar rodeado de vivendas e xa se produciu un incendio no mesmo lugar hai uns anos, tendo que actuar os servizos aéreos para sofocalo, polo que o medo a que se repita é razonábel.”
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, deu traslado no pleno municipal celebrado o pasado xoves 11 de agosto do mal estado no que se atopa unha vivenda abandonada no lugar de Sete Espadas, en Mogor, que preocupa á veciñanza por temor a un incendio.
Esta vivenda foi o local no que se celebraba o antigo baile das Sete Espadas, está situada a uns trinta metros da capela, e dado o seu abandono está totalmente cheo de silveiras e rodeado de acacias. Isto preocupa tremendamente á veciñanza xa que debido á seca que estamos a padecer e o mal estado no que se atopa o local e as súas inmediacións presenta un serio risco a padecer un incendio.
Lucía Santos afirma que “a veciñanza leva meses solicitando, sen éxito, ao goberno municipal unha actuación de desbroce e limpeza do lugar, xa que se atopa nun lugar rodeado de vivendas e xa se produciu un incendio no mesmo lugar hai uns anos, tendo que actuar os servizos aéreos para sofocalo, polo que o medo a que se repita é razonábel.”
Malia estas demandas veciñais, o goberno local do PP non levou a cabo ningún tipo de actuación, polo que Lucía Santos solicitou á alcaldesa que “atenda de inmediato á demanda veciñal e leve a cabo as xestións precisas para actuar nesta parcela, debido ao perigo que supón para a seguridade das vivendas e a contorna deste lugar.”