O BNG solicita a intervención da Valedora do Pobo no Concello de Marín por falta de transparencia na Festa Corsaria
Lucía Santos insta á Valedora do Pobo a intervir dado que “vemos con preocupación como o Concello de Marín está a cometer un feito moi grave de forma reiterada, incumprindo a lei de transparencia municipal e impedindo poder realizar o noso traballo.”
O BNG vén de solicitar á Valedora do Pobo a súa intervención no Concello de Marín por incumprimento no dereito dos grupos da Corporación Municipal a poder realizar consultas de información, recollido no artigo 77 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, manifesta que transcorridos máis de dous meses dende a solicitude para acceder ao expediente da Festa Corsaria e tras múltiples peticións, seguimos sen ter acceso a toda a documentación relacionada coas contratacións e xestións de dito expediente.
Lucía Santos lembra que:
-
O pasado 24 de agosto, solicitamos no rexistro do Concello de Marín o acceso ao expediente relacionado coa Festa Corsaria celebrada en Marín durante os días 18, 19 e 20 de agosto.
-
A información non é facilitada até o día 31 de agosto e a documentación está incompleta.
-
O 6 de setembro volvemos solicitar a documentación que falta en comisión informativa de festas á que corresponde o expediente mais sigue sen ser facilitada.
-
O 14 de setembro na celebración dun Pleno Municipal volvemos requirir á alcaldesa do Concello de Marín ter acceso á documentación que falta no expediente.
Por todo isto, dende o BNG vemos con preocupación como o Concello de Marín está a cometer un feito moi grave de forma reiterada, incumprindo a lei de transparencia municipal e impedindo poder realizar o noso traballo, polo que instamos á Valedora do Pobo para requirir ao goberno municipal do PP a dar cumprimento ao acceso a información necesaria aos grupos da corporación municipal e poder exercer a función de control e fiscalización do goberno municipal con total liberdade e normalidade.