O BNG solicita á Corporación municipal o apoio ao pobo saharauí

IMG_20220327_132815~3
Lucía Santos e Celia García

Lucía Santos considera "a postura do goberno español como unha traizón ao pobo saharauí, xa que se prega aos intereses de Marrocos e vai en contra de todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais."

O BNG solicita á Corporación municipal o apoio ao pobo saharauí

Diante da decisión do goberno español de asumir a postura de Marrocos de non respectar o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, o BNG mostra o total rexeitamento á mesma. Esta supón a asunción da posición e discurso da ditadura marroquí sobre o Sáhara Occidental, aceptando o seu plan de autonomía, e que na práctica significa a anexión por Marrocos do territorio saharauí.

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG dí que “ dende o BNG consideramos a postura do goberno español como unha traizón ao pobo saharauí, xa que se prega aos intereses de Marrocos e vai en contra de todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais, que unanimemente se teñen pronunciado a favor do dereito do pobo saharauí a exercer o seu dereito de autodeterminación, por medio dun referendo entre a súa poboación.”

A postura do goberno español supón lexitimar a ocupación por parte de Marrocos, a represión, a violación dos dereitos humanos e o roubo das riquezas existentes en territorio saharauí. Ademais demostra que a política exterior do goberno español se alínea claramente cos posicionamentos dos EUA e Israel, dous estados coñecidos pola súa política imperialista de agresión a outros pobos, e apoio a réximes antidemocráticos, como é o caso da monarquía marroquí.

Esta decisión aumenta a situación de tensión nunha rexión na que a provocación de Marrocos en novembro de 2020 levou ao reinicio do enfrontamento bélico entre os exércitos saharauí e marroquí.

Por todo isto, Lucía Santos traslada uha moción ao vindeiro pleno municipal para solicitar á corporación municipal o apoio ao pobo saharauí contra a ocupación militar e esixir do Goberno español a rectificación da decisión de asunción da posición e discurso da ditadura marroquí sobre o Sáhara Occidental, e polo tanto defender o dereito do pobo saharauí a exercer o seu dereito de autodeterminación por medio dun referendo, tal como recoñecen todos os acordos adoptados até o momento polas institucións internacionais, a empezar pola ONU, que unanimemente se teñen pronunciado neste sentido.

O BNG solicita á Corporación municipal o apoio ao pobo saharauí