BNG demandará no vindeiro pleno medidas urxentes para encarar a escalada de prezos

20211208_132708-1
Consello Local BNG Marín

Lucía Santos manifesta que "o incremento dos prezos está repercutindo no día a día nos servizos máis esenciais como son a cesta da compra, o depósito do coche ou a factura da luz. É preciso que dende o goberno estatal e Xunta actúen ante esta situación inasumíbel para miles de galegas e galegos."

O BNG fai un chamamento á cidadanía para participar este domingo 3 de abril na mobilización que terá lugar en Santiago de Compostela, para exixir medidas urxentes ante a suba de prezos.

BNG demandará no vindeiro pleno medidas urxentes para encarar a escalada de prezos

Galiza sofre un incremento disparatado dos prezos, o máis alto dos últimos trinta anos e moi superior ao do Estado. Isto fai que as galegas e galegos suframos esta crise con máis intensidade, sobre todo as persoas máis vulnerábeis e con menos recursos.

A escalada de prezos está empobrecendo ás familias e levando ó límite a moitas empresas e sectores produtivos esenciais en Galiza como é o sector pesqueiro e agro-gandeiro incapaces de asumir esta suba de prezos sen precedentes. Ante esta dramática situación, o BNG pon en marcha unha campaña baixo o lema “Os prezos soben, os teus cartos baixan” na que se levará a cabo unha serie de encontros con colectivos e asociacións empresariais que se están vendo máis afectados polo aumento de prezos e nos que se dará traslado das demandas propostas polo BNG para paliar esta crise sen precedentes. Ademais, o BNG presenta unha moción no vindeiro pleno municipal demandando ao goberno estatal e autonómico medidas urxentes para encarar a escalada de prezos.

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, traslada dez propostas para enfrontar a escalada de prezos ofrecendo un cambio de modelo económico e para atallar no curto prazo os efectos da crise apostando por unha fiscalidade máis xusta e co obxetivo de rebaixar o incremento dos prezos e aumentar as pensións e os salarios na Galiza.

Lucía Santos manifesta que “o incremento dos prezos está repercutindo no día a día nos servizos máis esenciais como son a cesta da compra, o depósito do coche ou a factura da luz. É preciso que demde o goberno estatal e Xunta actúen ante esta situación inasumíbel para miles de galegas e galegos”

Entre outras medidas, o BNG pide unha baixada selectiva do IVE nos alimentos básicos, os produtos do mar, de hixiene persoal e femenina, o transporte público, a electricidade e o gas. Ademais solicita intervir no sector eléctrico e no mercado da vivenda para controlar os prezos; incrementar os salarios máis baixos até o 60% do soldo medio actual e as partidas para axudas sociais, así como medidas de protección no sector agro-gandeiro e pesqueiro.

A portavoz municipal do BNG afirma que “a suba de prezos está provocando empobrecemento na clase traballadora, peche de negocios e perda de postos de traballo polo que é imprescidíbel actuar.” Ante a parálise do goberno central e do goberno da Xunta, o BNG fai un chamamento á cidadanía para participar este domingo 3 de abril na mobilización que terá lugar en Santiago de Compostela, para exixir medidas urxentes contra a crise.

BNG demandará no vindeiro pleno medidas urxentes para encarar a escalada de prezos