O BNG solicita unha campaña de concienciación para reducir o consumo de auga en verán
Tino Iglesias considera necesario “a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental”
Aínda que a situación actual de reservas de auga nas distintas demarcacións territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa é notoriamente superior ca existente hai agora un ano, o BNG de Marín considera necesario á vista do incremento exponencial do consumo nas últimas semanas e a previsión de ausencia de chuvia nos próximos meses, “a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental”, en palabras de Tino Iglesias, concelleiro do BNG.
Tino Iglesias trasladoulle esta solicitude ao goberno local no último Pleno da Corporación, e propón unha serie de medidas:
• Uso razonable e preferente da ducha en vez do baño.
• Pechar o grifo cando non se estea utilizando.
• Rega das plantas pola mañán ou ao atardecer para que non se evapore a auga.
• Uso de electrodomésticos con carga completa (lavadora, fregapratos,…)
• Reparar calquera goteo ou fuga.
• Restrinxir no posible o lavado de coches, baldeos de espazos e o recheo de piscinas.
O concelleiro do BNG manifesta que “non solicitamos nin consideramos necesario neste momento a adopción de medidas especiais, como as tomadas o pasado verán”, que motivaron a suspensión de servizos municipais como:
• O baldeo e limpeza dos espazos públicos.
• Duchas, lavapés e lavamans nas praias