O BNG propón a creación de incubadoras de empresas e viveiros en diferentes zonas de Marín
Lucía Santos afirma que “resulta de urxencia vital para o futuro inmediato de Marín solucionar a falta de espazo empresarial que permita cimentar un futuro esperanzador en materia laboral. É preciso traballar en iniciativas que apoien a dinamización das empresas existentes e ás de nova creación.”
O goberno do PP veu amosando unha parálise absoluta durante estes doce anos que leva gobernando Marín para impulsar algún proxecto que atraia novas empresas a Marín. Ao contrario, existe una sangría contínua de empresas que deciden ubicarse noutros lugares, xa que Marín non ofrece estabilidade nin crecemento de cara o futuro.
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, manifesta que “as consecuencias desta falta de iniciativa son a perda de postos de traballo, a falla de sinerxias entre empresas ou a imposibilidade de atraer clientes a Marín que invistan no noso concello. Ante a falta de oportunidade, a mocidade ten que buscar o seu futuro fóra de Marín.”
Lucía Santos afirma que “resulta de urxencia vital para o futuro inmediato de Marín solucionar a falta de espazo empresarial que permita cimentar un futuro esperanzador en materia laboral. É preciso traballar en iniciativas que apoien a dinamización das empresas existentes e ás de nova creación.”
No pasado pleno municipal celebrado o 12 de xaneiro, a agrupación socialista solicitou ao goberno municipal a creación dun estudo técnico que analice a posibilidade de acoller e mellorar a actividade empresarial no noso concello.
O BNG propón a creación de incubadoras de empresas e viveiros en diferentes zonas de Marín, que non causen problemas en ningún núcleo de vivendas, e para isto considera necesario o estudo das posíbeis zonas para a súa ubicación.
Lucía Santos expón que “a incubadora de empresas estaría dirixida a novos emprendedores ou empresas existentes que desexen desenrolar proxectos en Marín. Esta iniciativa proporcionaría asesoramento técnico e legal, apoio e infraestructura de oficina durante un tempo determinado mentras se dá a luz o negocio.”
Por outra banda, Santos explica que a creación de viveiros de empresas serían “pequenos centros empresariais en diferentes ubicacións (norte, sur, en diferentes parroquias), onde se ubiquen pequenas naves anexas para uso individual ou compartidas, que ofrezan asentamento a diferentes negocios que desenrolen o seu traballo en Marín, creando así postos de traballo.”
A portavoz municipal do BNG asegura que “son moitas as persoas autónomas que precisan dun lugar para desenrolar a súa actividade, como zona de almacenaxe, loxística ou mesmamente como punto de venta con facilidade de aparcamento.” Un aspecto fundamental é que resulta preciso estudar as ubicacións idóneas nas que os camións poidan chegar sen problema.
Ademais, o BNG propón a creación de espazos coworking. Para isto, unha das propostas do BNG pasa por adquirir edificacións en estado de abandono para dar cabida a esta iniciativa. Son moitos os edificios do casco urbano de Marín que cómpre recuperar e por en valor, polo que o BNG considera que esta proposta resultaría moi beneficiosa para o futuro da localidade, xa que “ademais de colaborar coa rehabilitación do casco urbano e evitar o seu deterioro, crearíase un espazo para apoiar proxectos de futuro que repercutirían positivamente na economía local”, en palabras de Lucía Santos.
Santos engade que “todas estas iniciativas están altamente promovidas e financiadas pola Union Europea, xa que xeneran un novo impacto socieconómico que repercute positiamente na cidadanía. Marín precisa o impulso de iniciativas que atraian e xeneren tecido empresarial para o fomento e creación de novos postos de traballo no noso concello.”