O BNG solicita a adopción de medidas urxentes para garantir a atención sanitaria pública no concello de Marín
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés leva semanas soportando un colapso no servizo de urxencias, debido ao estado de deterioro no que se atopa a sanidade pública o que está provocando unha grave falta de atención sanitaria pública á poboación.
Lucía Santos manifesta que “o noso concello continúa sofrindo as nefastas políticas de austeriade que o goberno do PP na Xunta impón na sanidade pública que non garanten a atención sanitaria á poboación.”
A situación na que se atopa a área sanitaria Pontevedra-O Salnés é límite. Ningún servizo de saúde ou PAC funciona con normalidade, cos cadros de persoal que lle corresponden. Continúa a demora para pedir cita médica, e centos de persoas non teñen persoal médico asignado, polo que teñen que ser atendidas cada vez por unha profesional diferente.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés leva semanas soportando un colapso no servizo de urxencias, debido ao estado de deterioro no que se atopa a sanidade pública o que está provocando unha grave falta de atención sanitaria pública á poboación.
É por isto, que a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou no pasado pleno municipal unha moción solicitando a adopción de medidas urxentes para garantir a atención sanitaria pública no concello de Marín.
Lucía Santos manifesta a súa satisfacción polo apoio unánime a esta proposta, o que indica que por fin o goberno de María Ramallo recoñece as deficiencias na atención sanitaria do noso concello, polo que esperamos que o goberno municipal execute esta moción e defenda os dereitos da veciñanza de Marín.
A portavoz municipal do BNG expón que “nos nove PACs da área sanitaria, ningún funciona con normalidade. No caso de Marín, estanse repetindo as situacións na que por falta de persoal do PAC, a veciñanza ten que desprazarse ao PAC de Bueu para ser atendida, ou no peor dos casos, ao hospital Montecelo.”
O estado na atención primaria con falta de persoal médico, a sobrecarga do persoal sanitario ou o retraso de semanas para conseguir cita médica, poñen de manifesto a realidade dun sistema sanitario público sumido nunha grave crise pola falta de planificación, de previsión e de medios que é responsabilidade da Xunta do PP.
A precariedade na atención primaria está producindo unha forte presión nas urxencias hospitalarias, colapsando as urxencias do Hospital Montecelo, o que afecta gravemente á atención sanitaria da veciñanza de Marín.
Lucía Santos manifesta que “o noso concello continúa sofrindo as nefastas políticas de austeriade que o goberno do PP na Xunta impón na sanidade pública que non garanten a atención sanitaria á poboación.”
Por todo isto, a portavoz municipal do BNG instou ao goberno de María Ramallo a esixir do goberno galego a adopción con urxencia de todas as medidas necesarias para garantir unha atención sanitaria pública digna no concello de Marín e en toda a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, ademáis de esixir ao goberno galego a resolución urxente da situación das urxencias hospitalarias.
A voceira do BNG dí que o “PP non pode seguir facendo oídos sordos ante a situación de precariedade na que se atopa o Servizo Galego de Saúde, recortando sistemáticamente nos orzamentos destinados a sanidade pública. Esta situación levou a Galiza a ser unha das catro autonomías de todo o estado que menos inviste en sanidade.”
Santos engade que “dende o BNG non imos ficar calados ante a situación de deterioro da sanidade que afecta á veciñanza, polo que reclamamos unha vez máis, a adopción de medidas necesarias que garantan a cobertura de persoal necesario para prestar unha atención sanitaria digna e de calidade.”